martes, 31 de julio de 2018

Outro accidente dun viandante en Álvaro Cunqueiro obriga, ao PSOE de Foz, a reclamar de novo ao Alcalde a presentación do Plan Seguridade da obra.


A lei marca que antes do inicio dunha obra ten que redactarse e aprobarse un Plan de Seguridade e Saúde que marque, entre outras, as medidas de prevención que o contratista ten que adoptar para evitar accidentes. No caso dunha obra pública a aprobación corresponde á administración que adxudicou a obra.
             
Dende o PSOE de Foz entendemos que, dita aprobación, correspondería ao Pleno da Corporación como órgano contratante e non ó Alcalde como recolle o pliego de contratación da obra de Álvaro Cunqueiro, ou canto menos supón unha contradición entre o que recolle a normativa vixente, de rango superior, ao pliego.
             
De todos xeitos, dito plan, tería que se presentado para o seu coñecemento, pola corporación, no primeiro pleno que se celebrase tras a súa aprobación.   
            
Pasados tres meses desde o inicio das obras na rúa Álvaro Cunqueiro e varios plenos, a corporación de Foz aínda non coñece o Plan de Seguridade e Saúde pese a ser reclamado en varias ocasións polo grupo municipal Socialista.
            
Motivos estes, xunto co coñecemento de que xa se deron casos de varios accidentes de viandantes, inclusive con reclamación de danos, no transcurso da obra, que evidencian unha falta de seguridade na mesma, son os que fixeron que o PSOE veña de dirixir un escrito á alcaldía para solicitar que se dea conta a Corporación, á maior brevidade, de dito Plan de Seguridade e Saúde e das modificacións que poida ter recollido dende o inicio da obra.
 
.




No hay comentarios:

Publicar un comentario