O PSOE de Foz conseguiu o acordo da Corporación para
instar á Xunta de Galicia a que declare praga á vespa velutina.
Dentro
da iniciativa do PSOE a nivel provincial, de presentar mocións en todos os
concellos, para declarar praga á vespa velutina o concello de Foz o primeiro
onde se aproba, dita moción a instancias do grupo socialista.
Co voto a favor dos concelleiros
do PSOE, FPF E BNG e a abstención do PP, o último pleno da corporación acordou
instar á Xunta a declarar oficialmente como praga a imparable invasión que esta
a sufrir dende hai varios anos, tanto no
concello de Foz como na comarca da Mariña, os primeiros en sufrir a invasión
desta especie de vespa, que se esta estendendo por todo o territorio galego.
Lamentamos a maneira errática de
actuar do PP neste tema, votando en contra da declaración de praga na
Deputación de Lugo, absténdose no concello de Foz e desentendéndose das súas
responsabilidades na Xunta de Galicia.
A expansión desta especie que
comezou ameazando a biodiversidade con ataques ás abellas e vespas autóctonas e
provocando importantes perdas económicas aos apicultores na produción de mel e
aos agricultores nas árbores froiteiras e as colleitas, o que xa era grave de por si, estase
a converter nun problema de saúde serio para a veciñanza. -Até o de agora, que
unha vespa atacara a unha persoa non era común, pero como estamos a ver día a
día, cada vez se dan máis casos de ataques a persoas-.
A proliferación de niños en
lugares inesperados, debaixo dos tellados dos alpendres, en paredes de
establecementos comerciais e vivendas, nas esquinas das fincas, en ribadas e
incluso con parte do niño baixo terra, xunto coa agresividade dos ataques e o
maior veleno da picaduras desta especie, supón un risco moi serio para a saúde
das persoas tanto dos núcleos urbanos como de os rurais.
Si a isto xuntamos á pasividade
coa que a Xunta se toma a loita e erradicación desta especie podemos dicir que
nos atopamos diante dun grave problema que require solucións drásticas por
parte da administración competente, coordinando e ofrecendo medios
especializados para combater esta especie.
Á vista está que os convenios
asinados pola Xunta cos concellos, como no caso de Foz, son claramente
insuficientes, non basta coa dotar de un traxe e unha pértiga e descargar a
responsabilidade da retirada dos niños sobre os voluntarios de Protección
civil, que non cobran nada por efectuar esta importante labor e teñen facela no seu tempo libre.
Da mesma maneira que de pouco
serve que un concello loite dentro do seu termo municipal, faga intensas
labores de trampeo e retirada, si outros do redor non o fan.
Os socialistas queremos que se
declare PRAGA para que os estudos e a dotación económica e os recursos
materiais e humanos sexan maiores e sobre todo ben enfocados para a prevención
e erradicación desta especie invasora.
A Xunta e o PP non poden seguir
mirando cara a outro lado, deixando en mans dos apicultores, agricultores e os
recursos moi limitados dos concellos, as medidas de prevención e trampeo e a
erradicación de niños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario