domingo, 8 de julio de 2018

CO VERÁN CHEGA A FOZ "O MULTAZO"







O PSdeG – PSOE  demanda mais presenza policial nas calles e menos sancións


Logo das mais de 250 sancións interpostas o pasado fin de semana, amañécese co anuncio de que se intensificaran os controis neste. O tráfico en Foz vive unha situación excepcional polas obras, o pobo esta intransitable e non se pode derivar a responsabilidade nos condutores, que non teñen a culpa, nin nos veciños e visitantes.
                 
 O PSOE de Foz cree que a mellor maneira de concienciar á cidadanía e que se respecten as normas é aumentando a presenza policial nas rúas – motivo polo que demandou a contratación de auxiliares da policía local para temporada estival –  e non as sancións a discreción que se están interpoñendo, salvo que a finalidade de tanta sanción sexa un inusitado afán recaudatorio que lle axude a cadrar contas ao Alcalde.


A falta de previsión do Sr Castiñeira leva a que a plantilla actual da policía local non poida dispor de novos efectivos cando se triplica a poboación no concello, ao igual que non dispón dos socorristas necesarios para dar a cobertura axeitada as praias.
De pouco vai servir o plan de emprego, ou plan verán, si no se contratan auxiliares de policía e socorristas, efectivos indispensables nunha vila turística como Foz na que tanto aumenta a poboación nestas datas. 

De pouco vale recuperar bandeiras azuis si agora se corre o risco de perdelas por non dispor do servizo de socorrismo necesario. Os socialistas preguntámonos si este é o motivo de que, ditos galardóns, non ondeen aínda nos areais de Foz como xa o están a facer nos concellos do redor.


                







No hay comentarios:

Publicar un comentario