martes, 24 de julio de 2018

Pese ós insultos que nos dedicou ó alcalde (enxeñeiros de chancla e mandil) o PSOE logra que non se abonen os 11.500€ que se facturaban de mais nos tubos de Álvaro Cunqueiro.

O PSdeG – PSOE  DE FOZ OBRIGA A RECTIFICAR AO ALCALDE: OS TUBOS DE  ÁLVARO CUNQUEIRO CUSTARÁN 11.500 EUROS MENOS
                  
Ao alcalde de Foz non lle quedou outra que rectificar. Gracias a un traballo árduo o PSOE conseguiu que se empecen a defender os intereses dos veciños, que se están a pisotear de continuo en beneficio da Constructora da obra de Álvaro Cunqueiro. 11.500 euros que se facturaban de mais e que, finalmente, non sairán das arcas do Concello.
                
O alcalde viuse na obriga, condicionado polas denuncias do PSOE refrendadas polos servicios técnicos municipais, a demandar a redacción dun Proxecto Modificado. Quedou demostrado que o alcalde quería pagar un tubo de menor calidade e capacidade con un precio abusivo, pretendíase comprar filete de panga e pagalo a precio de rape.
                
É increíble que soamente despois de destapar o escândalo, despois dunha denuncia reiterada do PSOE, o alcalde se empece por fin a ater á legalidade. Está claro que lle viu as orellas ó lobo.
                 
O prezo que se presentou para a nova certificación é 11 euros inferior por metro de tubería, o que supón un aforro de máis de 11.500 euros soamente na rede de pluviais. Este prezo deberá xustificarse, xa que podería estar aínda por encima do que é aceptable.
               
O PSOE reclama que se faga un control exhaustivo doutras unidades da obra, como a cantidade de formigón que se está a empregar nos tubos, así como o espesor do firme, nalgúns puntos a metade do que se recolle en Proxecto: a Dirección de Obra non está a facer o seu traballo, hai diñeiro que sae sen control do Concello por trapalladas e argalladas.
                
Se isto está a pasar na rúa principal de Foz, en Álvaro Cunqueiro, enfrente mesmo do Concello, que non pasará noutras obras? 





No hay comentarios:

Publicar un comentario