Ao grupo municipal
do PSdeG-PSOE correspóndenlle, como principal partido opositor no Concello de
Foz, as tarefas propias da oposición ao equipo de goberno, como son, a
fiscalización das contas públicas, a análise e crítica das accións da alcaldía
e, en definitiva, a defensa do interese xeral e dos dereitos de tódolos veciños
e veciñas de Foz.
No exercicio das prerrogativas
de fiscalización e control que nos corresponden, no PSdeG PSOE estamos
observando un incumprimento xeral e reiterado, sen ningún respecto pola
lexislación vixente, das prescricións que marca a normativa de referencia e o
Proxecto Construtivo de Reforma da Avda
Álvaro Cunqueiro.
O Alcalde de Foz levou ao pleno
do pasado xoves día 26 de xuño a primeira certificación de obra da Avda Álvaro
Cunqueiro. Neste documento, Director de Obra e Alcalde asinaron en documento
público, para o cobro pola empresa adxudicataria, unha medición de 800 metros
lineais de colector de PVC de 400 mm de diámetro, dos cales non se colocou nin
un so metro.

Así mesmo, quedou demostrado,
por ser de dominio público, afirmalo en diversos medios de comunicación e
confirmalo no pleno mencionado, que o alcalde é coñecedor do cambio do colector
de proxecto de PVC polo de polietileno - que ten un custe tres veces inferior- e aínda así asinou en documento público
certificación polo prezo superior.
O
PSOE de Foz cree que o interese xeral e o principio de eficiencia e de control
do gasto–que debe primar en tódalas actuacións do Concello- foi seriamente
afectado por unha certificación que abona un prezo 3 veces superior –diferencia
entre o custo do tubo de Proxecto(PVC) e o realmente colocado(PE) - o que supón
unha merma e un menoscabo inxustificado das arcas públicas.
Motivos polos cales, o PSOE
decide dirixir un escrito ao Secretario do concello de Foz, para que dentro das
súas funcións de asesoramento legal preceptivo e fedatario da fiscalización da
xestión económica, informe de forma
clara, unívoca e precisa:
o
Si é conforme a dereito e procede
a certificación dos 800 metros de tubería de PVC de 400 mm que non se colocou.
o En caso de que a resposta sexa NEGATIVA, se informe dos procedementos que establece a normativa vixente, con tódolos pasos necesarios, para facer un Proxecto Modificado de obra e poder certificar un material que non recolle o Proxecto.
o Se indique de forma clara –coa aportación dos servicios técnicos do Concello si é preciso- se o cambio dunha tubería por outra de inferiores características supón un prexuízo económico para o Concello, toda vez que se pretendía abonar ao prezo máis caro.
o Se informe das leis e normativas que presuntamente se incumpriron e das responsabilidades nas que puideron incorrer alcalde e Dirección de Obra.
o Se inicien os procedementos legais recollidos no Proxecto e normativa vixente para proceder ó apercibimento e substitución da Dirección de Obra, que ten como misión fundamental levar o control da reforma da rúa e asegurar que se cumpran todas as prerrogativas en canto a seguridade, calidade nos materiais e execución conforme ao Proxecto.
o Se proceda de oficio por parte da Secretaría, tal e como marca a lexislación, a todas aquelas accións e dilixencias que eviten se siga actuando por parte da Dirección de Obra e Alcaldía de forma arbitraria, incumprindo o marcado no Proxecto de Reforma da Avenida Álvaro Cunqueiro, e se garanta a defensa do interese xeral que debería primar nas actuacións do Concello.

obxectivo desta petición do PSdeG-PSOE non é outro que desbloquear o tema, que
a certificación se axuste á realidade da obra, se abonen os materiais e o
traballo realmente executados e que os modificados que haxa que levar a cabo,
sexan aprobados polo órgano contratante, que non é outro que o pleno da
Corporación.
No caso de que esta reclamación
non xurda efecto e se continúe pretendendo certificar unha obra con un material
que non se colocou, que se substituíu por outro de menor calidade e mais
barato, cobrándoo ao prezo do máis caro e non utilizado, o PSOE de Foz non
dubidará en poñer denuncia do feito diante da fiscalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario