martes, 17 de julio de 2018

Será que @s focences non necesitamos conciliar? Será que nada se pediu? Ou que Foz non existe para a Xunta?

A través da prensa de hoxe, entererámonos de que, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, ven de destinar unha cantidade importante de fondos para medidas de conciliación na nosa comarca.

Por un lado destina fondos aos CIM, do que Foz carece, e por outro a concellos do redor que, como Foz tampouco teñen CIM, Alfoz, Xove, Valadouro, Ourol... e Foz tampouco aparece por ningures. 

Será que @s focenses non necesitan conciliar? 

Será que o alcalde non pediu nada para poder aplicar medidas que axuden aos seus veciños a conciliar as súas vidas familiares e laborais? 

O que parece claro é que Foz NON EXISTE para a Xunta de Galicia en materia de Igualdade e da tan necesaria conciliación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario