O Alcalde olvidouse das parroquias, sen un
mínimo mantemento dos camiños os problemas repítense por todo o Concello.
Nesta ocasión denunciamos o corte á circulación de vehículos e peóns do paso
baixo a vía do tren no Camiño das Chaves en Fazouro. Un camiño que xa hai moitas semanas que
este se encontra cortado.
Catro
valas móbiles urbanas e un encintado da Policía Local impiden o acceso por esta
vía.
O corte deste vial causa unha problemática aos veciños e veciñas de Fazouro e aos
visitantes xa que é moi usado, especialmente en tempo de verán, para o acceso
ás praias.
O arranxo que necesita é ben
sinxelo, un tubo de drenaxe onde segundo parece hai unha nacente de auga e a
reparación da fochanca e do firme.
É por isto que, presentaremos unha moción para no
próximo pleno, instando a que se faga o arranxo con urxencia: é a única opción que nos queda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario