sábado, 14 de julio de 2018

A RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO LEVA LEVA A METADE DE ESPESOR DE FORMIGÓN QUE O MARCADO EN PROXECTO

O PSOE de Foz denuncia un novo incumprimento flagrante do Proxecto da Rúa de Álvaro Cunqueiro. Neste caso trátase do formigón do firme. Estase construíndo unha losa que non chega aos 11 cm de espesor en determinadas zonas, a metade do que recolle o Proxecto.


De novo estamos vendo as chapuzas desta obra, o alcalde busca unha inauguración rápida, non defende a calidade da obra nin os dereitos dos veciños, soamente o beneficio do Contratista.

                 
Unha redución do espesor do formigón vai provocar que a rúa, prevista para unha duración dun mínimo de 30 anos, haxa que reformala en 2 ou 3 anos.

                
É especialmente preocupante e queremos que todo o mundo o saiba, o Concello paga o formigón da rúa por metro cadrado. É dicir, o Concello vai pagar por unha losa de 21 centímetros de espesor cando se está a facer a metade.

 

                
É unha obra sen control, nin por parte da Dirección de Obra, nin por parte do Alcalde. Os recursos do Concello estanse de novo a malgastar, actuando de forma desleal e con falsidades continuadas, non se podería facer peor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario