Presentamos unha moción para o arranxo dunha pista en Vilaxoane.
O grupo municipal socialista levará a pleno unha demanda
dos veciños do barrio de Vilaxoane que, tras poñerse en contacto co PSOE, piden
que se proceda a adecentar a pista de Mansín en dito barrio, a cal, presenta un
estado de deterioro importante, con fochas
numerosas e moita gravilla solta que é arrastrada ao medio da rúas cada
vez que chove, o que supón un motivo de risco, tanto para os veciños que van a
pé, como para os automobilistas que circulan pola zona.
Esta
queixa dos veciños, pon de manifesto unha vez mais, o escaso ou nulo mantemento
que fai o Alcalde de Foz nas pistas do concello.
Os
socialistas esperamos que a moción presentada acade o acordo da corporación
para instar ao equipo de goberno, por un lado a aglomerar dita pista e por
outro a que efectúe a tan necesaria limpeza da gravilla solta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario