A lei marca que antes do inicio dunha obra ten que
redactarse e aprobarse un Plan de Seguridade e Saúde que marque, entre outras,
as medidas de prevención que o contratista ten que adoptar para evitar
accidentes. No caso dunha obra pública a aprobación corresponde á
administración que adxudicou a obra.
Dende
o PSOE de Foz entendemos que, dita aprobación, correspondería ao Pleno da
Corporación como órgano contratante e non ó Alcalde como recolle o pliego de
contratación da obra de Álvaro Cunqueiro, ou canto menos supón unha
contradición entre o que recolle a normativa vixente, de rango superior, ao
pliego.
De
todos xeitos, dito plan, tería que se presentado para o seu coñecemento, pola
corporación, no primeiro pleno que se celebrase tras a súa aprobación.
Pasados
tres meses desde o inicio das obras na rúa Álvaro Cunqueiro e varios plenos, a
corporación de Foz aínda non coñece o Plan de Seguridade e Saúde pese a ser
reclamado en varias ocasións polo grupo municipal Socialista.
Motivos
estes, xunto co coñecemento de que xa se
deron casos de varios accidentes de viandantes, inclusive con reclamación de
danos, no transcurso da obra, que evidencian
unha falta de seguridade na mesma, son os que fixeron que o PSOE veña de
dirixir un escrito á alcaldía para solicitar que se dea conta a Corporación, á
maior brevidade, de dito Plan de Seguridade e Saúde e das modificacións que
poida ter recollido dende o inicio da obra.
.