jueves, 20 de diciembre de 2018

UNHA SUCESIÓN DE CATASTRÓFICAS DECISIÓNS.

Rememorando aquela película de  Lemony  Snicket “Unha serie de catastróficas  desdichas” o alcalde de Foz, no seu anhelo de humanizar as dúas rúas máis importantes de Foz, tomou ao longo destes anos de reformas unha serie de decisións cada cal máis sorprendentes.
                 
A última decisión é a de desviar o tráfico pesado con dirección a Ribadeo pola rúa Salvador de Madariaga cara ao porto. Pero por onde? Polo Campo da Cabana? Por Eduardo Pondal?  Algo que é un auténtico despropósito. Levar o tráfico pesado por vías menores e estreitas polo medio de pobo non é, nin viable nin aceptable.

                
Toda esta sucesión de catastróficas decisións inícianse coa intención de humanizar a Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. É nese momento canto hai que tomar toda unha serie de decisións, como prever o tráfico cun plan de mobilidade, os aparcadoiros, etc. algo que non se fixo. Hai que ter en conta, ao comercio, os desprazamentos dos peóns, dos usuarios das rúas, dos residentes,  e non se fixo. 


Naquel momento sinalábase que a primeira das arterias principais de Foz, a avenida da Mariña sería dirección a Burela e a segunda, Álvaro Cunqueiro, en dirección Ribadeo. Fixábanse na propia rúa unhas 61 prazas de aparcadoiro. Ningunha das previsións cumpriuse. A  avenida da Mariña pasou a ser peonil podendo circular por ela só os residentes para acceder aos garaxes e as prazas de aparcadoiro foron substituídas por prazas de carga e descarga. E Álvaro Cunqueiro, cuxa previsión indicaba que sería en dirección Ribadeo, cambia para ser en dirección Burela.
                 
A día de hoxe atopámonos coas dúas travesías principais de Foz con dirección Burela, con constantes cambios nos sentidos de circulación nas rúas adxacentes, cun novo anuncio de prohibición de circulación pola avenida dá Mariña, excepto para residentes e uso comercial, repintado de zonas de carga e descarga para aparcadoiros de máximo 45 minutos, sen saber como se vai a controlar.
E o máis grave, co tráfico con dirección Ribadeo pola rúa do Pilar, que non reúne condicións para soportalo nin para converterse en arteria principal do pobo, ou co sorprendente anuncio de que, o tráfico pesado, derivarase por Salvador de Madariaga dirección ao porto.

                 
Moitas rúas víronse afectadas por esta sucesión de decisións improvisadas: a de Paco Mañón e do Pilar, con senllos colexios, e a do cemiterio viron incrementado o tráfico, os constantes cambios de dirección en Vilar Ponte  (a de abanca), onde os veciños xa non saben se poden subir ou baixar ou a obrigatoriedade de xiro á dereita baixando por costa  do Castro (onde  mercadona), son bo exemplo. Ao que se une a decisión de non deixar aparcar en Eduardo Pondal o que fai que se vexan afectadas a rúa Salvador de Madariaga e Alfonso X, que á hora de entrada e saída do CEIP  Nº1, soportan todos os vehículos que non poden aparcar na anterior, véndose obrigados, mesmo a parar sobre a beirarrúa, para recoller aos nenos no colexio.

                 
Por non falar de que non se substituíron as tubaxes de saneamento ou que non se cumpren os grosores do formigón o que fai que, agora mesmo, a avenida da Mariña estea totalmente agrietada.

                
O PP demostra que non ten ningún proxecto para Foz, que traballa a golpe de improvisación. Esta é a herdanza do PP de Foz e do  Sr Castiñeira. Esta e unha gasolineira e un tanatorio no medio do pobo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario