sábado, 1 de diciembre de 2018

O PSOE de Foz demanda sentido común no sentido das rúas en Foz.


O Alcalde de Foz anunciou a apertura ao tráfico de Álvaro Cunqueiro para a vindeira semana. O PSOE de Foz móstrase indignado polo resultado das obras nesta rúa. Á negativa de cambiar as vellas conducións de fecais e abastecemento –que ten varias fugas localizadas-, súmase a mala execución. O formigón presenta a metade de espesor do proxectado en moitos tramos e é evidente a mala calidade do mesmo. Non nos foi facilitado ningún ensaio de resistencia, pese á insistencia do PSOE en reclamalos e ser de obrigada aportación para o cobro das certificacións de obra. As grietas da Avenida da Mariña repetiranse en Álvaro Cunqueiro, un firme deseñado para 30 anos que racha en menos de un.

 Se a isto sumamos carrís de menos de 3 metros de ancho nas cabeceiras da rúa –fóra de toda normativa e nos que a duras penas caben os automóbiles- e o uso de tapas de arquetas vellas re-utilizadas que non resisten o peso de vehículos, ademais de  farolas nas que a luminaria non corresponde cos seus soportes, estamos ante unha deixadez total de funcións, ante unha manga ancha do Concello escandalosa.  

Os experimentos, con gaseosa - afirma o candidato á alcaldía Fran Cajoto. Demándao a Acia, demándano os comerciantes, demándano os veciños, pero sobre todo demándao o sentido común, Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña NON poden ter o mesmo sentido de circulación. É inaudito que o Alcalde, de forma unilateral, por non saber rectificar, por capricho, dispoña as dúas rúas principais de Foz con sentido de circulación cara a Burela.

            
A Avenida da Mariña ten que ser sentido Burela e Álvaro Cunqueiro sentido Ribadeo, como foi sempre, como marca a lóxica -declara Fran Cajoto.  O contrario supón un caos na circulación na glorieta de Vilalba, supón condenar á Rúa do Pilar, cun colexio e con grave risco de desplome, a un tráfico que non pode soportar. Faremos porque isto cambie, é o noso compromiso.


       

            

           

No hay comentarios:

Publicar un comentario