O PSOE de Foz continúa
co seu traballo responsable respecto á Autovía da Mariña. Esta infraestrutura
supón un impulso fundamental para Foz e para toda a comarca, pois permitirá
desenrolar o turismo e o sector produtivo, acortando os tempos de desprazamento
de persoas e mercadorías.
Toda gran infraestrutura presenta
impactos de gran calado, pois é moi relevante a dimensión de terreo que ocupa.
É por isto que desde o PSOE de Foz quixemos facer desde o primeiro momento unha
tarefa didáctica que consideramos fundamental, achegando o Proxecto aos veciños
e expoñendo os posibles problemas que poderían ter nas súas propiedades. As reunións programadas en San Martiño, Vilaronte, Marzán e
Fazouro contaron con gran afluencia de público e puideron ser resoltas as
principais dúbidas da veciñanza.
Tal e como anunciamos no mes de
decembro, o PSOE de Foz preparou unhas alegacións para mellorar o Proxecto de
Trazado naqueles puntos que consideramos de maior relevancia e que presentamos
no día de hoxe, que podemos resumir nas seguintes:
![]() |
PROPOSTA DE ENLACE COMPLETO NO CARME |
Esta modificación permitirá un impulso definitivo ao turismo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, así como un acceso inmediato á autovía dos veciños das parroquias de San Martiño, Vilaronte, Santa Cilla e San Acisclo. Ademais evitará o impacto visual e a afección á vivenda do enlace proxectado na actualidade.
Mellora do Enlace de Foz. Deseño dun
carril adicional de subida para o aumento da fluidez de circulación, evitando
as retencións que poderían provocar os vehículos pesados. Ademais, solicítase a
redución da liña límite de edificación na linde co polígono de Fazouro para
favorecer o seu impulso.
![]() |
MELLORA ENLACE ESPIÑEIRA (BARREIROS) |
Mellora do Enlace de Espiñeira (Barreiros). Prolongación dos catro carrís da autovía ata as bifurcacións existentes
actualmente no entronque da Autovía do Cantábrico A-8. Esta mellora favorece a
fluidez na circulación e a seguridade vial.
Consideramos fundamental
defender os intereses dos veciños, polo que o PSOE de Foz ponse á disposición
de todos para calquera cuestión que relativa a este proxecto ou a calquera
outro nos queiran plantexar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario