Tras vencer, xa fai
un ano, o contrato de abastecemento e saneamento da auga en Foz e diante da
inminente saída a concurso da concesión dun servizo, que se volverá a
privatizar facendo caso omiso das propostas de municipalización presentadas
tanto polo PSOE como polo BNG, o grupo socialista levará ao vindeiro pleno dúas
moción para que, o equipo de goberno, requira á actual empresa concesionaria a
que dea solución ás deficiencias sinaladas no informe de auditoría externa
encargada polo Concello.
Tras sinalar diferentes informes
de intervención a necesidade de unha auditoría
“xa que non foi posible determinar si empresa concesionaria realizou
todas as inversións ás que se comprometeu” esta encárgase a unha empresa, co
obxectivo de analizar e inspeccionar o estado de mantemento e conservación de
todos os elementos dos sistemas de abastecemento e saneamento en réxime de
concesión.
Dito informe reflexa unha serie
de compromisos por parte da concesionaria, difíciles de constatar, tanto económicos
como de mantemento e xestión dos sistemas a explotar. Poñendo en dúbida a
actualización dos planos da rede de abastecemento e a existencia do modelo de
rede. As inspeccións constatan a antigüidade de algunhas das infraestruturas e
equipos que compoñen o sistema de abastecemento, que superan os 25 años, apuntando
que a súa vida útil pode estar chegando ao seu fin. Detéctanse tamén, una serie
deficiencias - 17 en na rede de abastecemento e 13 na de saneamento - nos
depósitos, estacións de tratamento, bombeo de auga potable e outras
instalacións, que recomendan esixir á empresa concesionaria antes da nova
concesión.
Os socialistas consideramos que
é fundamental para o desenrolo do pobo, dispor de unha planimetría actualizada
do servizo, incluíndo tipoloxía e dimensión dos condutos, localización das
distintas válvulas e elementos do sistema en formato dixital con coordenadas
xeo-localizadas. E con mais motivo antes da saída a concurso do servicio, para
que calquera empresa poida concorrer en igualdade de condicións que a actual
concesionaria.
Motivos estes que nos levan a
presentar as devanditas mocións no pleno deste xoves, para instar ao equipo de
goberno a que requira á empresa concesionaria a planimetría actualizada e a que
realice as reparacións necesarias para solucionar todas e cada unha das
deficiencias detectadas segundo as recomendacións realizadas polo informe de
auditoría de Eptisa
No hay comentarios:
Publicar un comentario