O PSOE de Foz felicítase do compromiso do Ministerio
de Fomento coa Comarca da Mariña e con Foz desde que entrou no Executivo o novo
goberno socialista, rescatando un proxecto que agardaba esquecido nos caixóns.
É un
gran avance para Foz e para toda a comarca que se inicie a tan agardada Autovía
da Mariña, catro carrís que permitirán vertebrar as poboacións e impulsar enormemente
a actividade económica. Despois do
impulso no arranxo do firme na Estrada da Costa, o Ministerio sigue apostando
pola Comarca e por Foz, é un investimento moi forte que non podemos menos que
celebrar.
O
tramo que sae a información pública discorre desde Barreiros (enlace coa
Autovía do Cantábrico) ata o Enlace de Foz coa estrada N-642, no entorno da
antiga fábrica de Pardiñas. O Ministerio aposta por unha plataforma de autovía,
con dous carrís por sentido separados por unha mediana de 5 metros, o que
permite soportar unha intensidade de tráfico maior que o Corredor autonómico,
aumentando a seguridade vial.
Desde
o PSOE local estamos analizando pormenorizadamente o Proxecto redactado, de
forma que se garanta a menor afección posible aos veciños.
Podemos anunciar que o PSOE de Foz vai presentar
alegacións para que se mellore o Enlace do Carme, facéndoo máis amable co
entorno e que se inclúan as saídas dirección Viveiro, que beneficiarían
enormemente aos veciños das parroquias do interior. Tamén estudaremos o
Enlace de Foz por si é posible dotalo de maior capacidade de tráfico na subida
á Autovía.
Que non quede ningunha dubida a ninguén de que o PSOE de Foz sempre
estará na defensa dos seus veciños e veciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario