
O candidato
socialista á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, puxo en valor a
aportación económica da Deputación e subliñou que “estas colaboracións
enmárcanse dentro da nosa aposta pola promoción do deporte como un
hábito de vida saudable, capaz de dinamizar a economía e o turismo dos
concellos da provincia. Neste eido, dende o Partido Socialista
traballamos para ofrecer aos focenses servizos públicos que cremos que
son necesarios e xustos para garantir a igualdade de oportunidades vivas
onde vivas e combater, deste xeito, o despoboamento demográfico”.

O PSOE de Foz destacou que os 85.000 euros restantes foron para o pulo do deporte, pois con este orzamento o Executivo Provincial colaborou con distintos colectivos. Por exemplo, co Club Deportivo Foz, Club Baloncesto Celtas de Foz, Club Kayak de Foz ou o Club Ciclista de Foz, que recibiron axudas para a súa actividade competitiva. O Goberno socialistas na Deputación tamén contribuíu á posta en marcha de actividades da Asociación Deportiva Nuestra Señora del Pilar; da escola de tenis do Club de Tenis de Foz; da escola de Vela do Club Náutico de Foz ou da Agrupación Deportiva Martínez Otero. Ademais, financiou a organización do Torneo de Fútbol Foz Costa Nova Cup, da Liga de Inverno de tenis ou do Campus de Verán de patinaxe artística, entre outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario