Os veciños achegáronnos
numerosas queixas por esta prohibición, xa que non hai constancia de ningún
problema de tráfico nesta rúa que xustifique a decisión adoptada.
Moitos
vehículos paraban nesa marxe para deixar aos nenos e nenas que estudan no Colexio
Nº 1, agora o Alcalde obrígaos a cruzar a rúa, co risco na seguridade que iso
ten.
Desde hai un tempo en Foz
estanse a suprimir numerosas prazas de aparcamento e non se ofrecen
alternativas: os solares que se habilitaron, con firme de zahorra e mala
accesibilidade, son fincas particulares que en calquera momento se poden
edificar.
É unha tras outra, en Foz non se
planifica nada, cada xestión da Alcaldía xera un problema novo onde non o
había.
Hai alternativas, valentes, para
habilitar espazos de estacionamento no solar do SAREB ou nas fincas da Horta do
Cura, pero hai que ter vontade e unha visión a medio e longo prazo.
Desde o PSOE opinamos que xa é
hora de que alguén con visión planifique o pobo e pense as consecuencias das
decisións, xa é hora de que algo de SENTIDO COMÚN impere no Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario