martes, 27 de noviembre de 2018

Asilo: o que debe primar é a seguridade dos residentes. O PSOE esixe un informe urxente sobre o estado do edificio.

O derrube de parte do falso teito do comedor do asilo, afortunadamente quedou, tan so, nun susto e nun furado no teito, pero puido ocorrer unha desgracia.
                 
Non basta con, como di o alcalde de Foz, acelerar os trámites para abrir a nova residencia, neste intre e tras o acontecido o imprescindible ten que ser asegurar a seguridade dos residentes, que un perito emita un  informe urxente do estado do edificio, que garanta que todas as estancias son habitables ou si polo contrario é necesario pechar algunha.
                
Desde o partido socialista criticamos en diferentes momentos a demora que supuxo para a apertura da nova residencia a decisión do alcalde de solicitar a cesión da mesma ao consorcio, e o tempo nos da a razón, o novo edificio leva mais de dous rematado e sen ocupar.
O que fai que nos cuestionemos si o alcalde, por motivos electoralistas, leva dous anos estirando os diferentes trámites para facer coincidir a apertura da residencia co período electoral, en vez de axilizalos diante dunha Xunta da mesma cor política ca súa e mais cando vemos residencias do redor, impulsadas pola Deputación e edificadas con moita posterioridade á de Foz, van a abrir as súas portas ao mesmo tempo, ou antes, que a focense.
                 
Namentres, o Concello, continúa inxectando fondos para o mantemento do vello asilo, que á vista do ocorrido non esta claro onde van parar, a mantemento das instalacións vese que non. Nin o patronato nin a entidade que xestiona o asilo, xustificaron nin fixeron un mantemento adecuado da instalación logo das distintas subvencións que recibiron de fondos públicos do Concello de Foz. 
                
Por outra parte hai escasos días o Alcalde declaraba en prensa que o Concello faríase cargo do mantemento do actual asilo, unha vez se trasladen os residentes as novas instalacións, como condición do patronato para a cesión dos terreos colindantes de cara a levantar neles un hipotético auditorio. Á vista do degradado estado no que se atopa dito edificio, cabe cuestionarse si é de recibo que o Concello asuma dito compromiso de mantemento sen unha valoración previa do custe que pode supor para as arcas municipais e sen sequera saber que uso se vai dar ao mesmo.
Non se pode ir a golpe de ocorrencia como nos ten acostumados o Alcalde Castiñeira, as decisións deben ir acompañadas das valoracións necesarias para asegurar que non supoñen un menoscabo dos recursos económicos que pertencen a todos os veciños.          






No hay comentarios:

Publicar un comentario