Fran Cajoto,
xa como candidato do PSOE a alcaldía de Foz, acompañado de outros membros da
executiva local, reuniuse este fin de semana coa ACIA de Foz.
Un dos temas mais importantes
tratados na reunión foi a preocupación existente por ambas partes, en como vai
quedar o pobo tras as obras das avenidas principais de Foz.
Todos os asistentes consideraron
mais apropiado que a Avenida da Mariña continúe aberta ao tráfico e se poidan
utilizar como aparcadoiros as prazas actualmente de carga e descarga, xa que
axudaría a facer da zona un lugar mais cómodo para que, focenses e visitantes,
poidan realizar súas compras.
Compartiuse a preocupación
existente polo anuncio de que por ámbalas dúas rúas reformadas, Avenida Mariña
e Álvaro Cunqueiro, o tráfico circule na mesma dirección, de cara a Burela e
para ir cara a Ribadeo se opte por unha rúa, a do Pilar, que non reúne as
debidas condicións para absorber a circulación. - O lóxico e a única opción
posible, neste momento, é que se manteña a configuración de sempre -.
Opinión compartida por Fran
Cajoto, que, no caso de acadar a alcaldía, se comprometeu a, dando sempre prioridade aos viandantes, manter o tráfico pola avenida da Mariña, reconfigurar
a dirección en Álvaro Cunqueiro e aumentar e mellorar as medidas de seguridade para os peóns especialmente en zonas que revisten gran perigosidade, como por exemplo no cruce de acceso ao colexio Martinez Otero, de maneira que o tráfico rodado e os peóns poidan compartir espazos con total seguridade.
Tamén adquiriu o compromiso
deseñar un Plan de Mobilidade que defina o modelo de cidade que mellor se
adapte aos veciños de Foz, ao seu comercio e aos seus visitantes. “Non se pode
ir a golpe de ocorrencia como esta facendo o actual alcalde, onde hoxe unha rúa
é peonil, maña non, hoxe non se pode estacionar e maña si, o que xera un
desconcerto nos veciños e visitantes que xa nin saben por onde teñen que
circular ou ir para facer as súas xestións e compras, o que afecta
negativamente o comercio focense. O PSOE aposta con claridade polo pequeno
comercio como un dos eixos vertebradores do pobo e parécenos fundamental
favorecer a accesibilidade á zona onde se atopan concentrados tantos
establecementos comerciais, e que esta sexa cómoda y atractiva
para que os focenses poidan realizar as
súas compras con facilidade” explica Fran Cajoto
Na reunión, analizáronse as
actuacións que está levando a cabo a Acia, a situación do sector, así como os
proxectos de futuro e acciones conxuntas, que en pos do beneficio dos
comerciantes e dos veciños se poden levar a cabo. Adquirindo compromisos, o
candidato socialista, de incentivar, dentro dun marco de colaboración e
promoción do comercio local, a posta en marcha de novas actividades e conseguir
que se leven a cabo proxectos capaces de atraer visitantes, en épocas non
estivais, nas que a actividade comercial se reduce drasticamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario