viernes, 16 de noviembre de 2018

O Goberno da Deputación sufraga en Foz a nova canceira para os animais abandonados



Por fin!!! Tras anos de espera nunhas instalacións totalmente inadecuadas para os animais, tras o incumprimento do alcalde, logo de que no pleno do 4 de maio do ano 2017 acadase o apoio da corporación para aprobar un suplemento de crédito no que se incluían 100.000 euros para a canceira  e non executala, sen sabemos que foi dese diñeiro nin o que se fixo con el, por fin se da solución ao benestar dos animais abandonados en Foz e se dignifica o gran traballo que están facendo as voluntarias e voluntarios da “Asociación Asistencial Protectora de Animales de Foz” cunhas instalacións axeitadas e adaptadas as súas necesidades e ás dos animais que atenden.
 
Hai que destacar a inversión da Deputación de 90.000 euros por subvención directa e 40.000 a través do Plan Único que concede aos concellos para sufragar o total do custe desta obra demostrando , unha vez mais o compromiso que ten con Foz a Deputación de Lugo, da que nos sentimos moi partícipes.  

O Voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Foz, asinaron este xoves o convenio para a construción no noso municipio do novo refuxio de animais abandonados. Terá capacidade para uns 40 cans e gatos. O Executivo Provincial financia na súa totalidade estas actuacións con 90.000 euros. O concello achega os terreos, situados no núcleo de Mañente, en Vilaronte. O Rexedor municipal avanzou que investirá máis de 30.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación para completar estes traballos.

 Características do novo refuxio en Foz
Situarase nunha parcela municipal de máis 13.000 metros cadrados, no polígono 3 do núcleo de Vilaronte, na parroquia de Mañente, onde actualmente tamén se afinca o punto limpo, ocupando 97 metros cadrados deste espazo. Será na parte sur do terreo onde se constrúa o refuxio, estendéndose uns 2.500 metros cadrados. A propia canceira terá unha ocupación en planta de 285 metros cadrados. A edificación será unha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas augas, con zonas cubertas nas dúas direccións. Dará cobizo tanto a cans como a gatos. Terá capacidade para 40 animais, cumprindo así as normativas existentes sobre benestar animal. As novas instalacións disporán de zona de espera, oficina, aseo con ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. A nave disporán dunha zona exterior para os animais onde se situará tamén un almacén de alimentos. Esta espazo que conectará coas propias dependencias.

Álvaro Santos explicou que “a Xunta transferiu aos Concellos as competencias de recollida e xestión de animais abandonados sen ningún medio económico para poder asumilas. Ante esta situación, que é unha mostra máis do castigo ao que o Executivo galego do Partido Popular ten sometidos aos municipios, dende o Goberno Provincial estamos a facer un importante esforzo inversor, que ascende xa aos case 800.000 euros, para habilitar espazos nos que os Concellos poidan levar aos animais abandonados e prestarlles o coidado e a atención que requiren”



No hay comentarios:

Publicar un comentario