Un par meses
despois de terse aprobados definitivamente os orzamentos do 2018 o alcalde de
Foz levou a pleno un suplemento de crédito de mais 415.000 euros.
O PSOE de Foz, xa no seu
momento, cualificou o orzamento de 2018
de inverosímil, incoherente, e falso, e vaticinou que traería consigo
mais de un millón de euros en facturas fora de contabilidade. O tempo deunos
a razón.
Resulta incomprensible que nun
orzamento non se contemplen partidas para gastos e servizos que se sabe con
certeza que se van a prestar, como a dependencia, limpeza de centros escolares,
ou as anualidades do 2017 e 2018 da aportación ao consorcio pola escola
infantil.
Non vale xustificar o gasto sen
control e o despilfarro dicindo que os de 2018 son uns orzamentos de mínimos como
pretende o Alcalde Castiñeira, non, o que son é uns orzamentos que están
hipotecados ao igual que o concello por incumprir sistematicamente a Lei de
estabilidade orzamentaria por mor do seu pésimo xeito de gobernar.
![]() |
Informe de intervención alertando do incumprimento |
Xa se viu obrigado a incluír
unha partida de non dispoñibilidade de 600.000 euros para 2018 e 2019 e de
elaborar un plan económico financeiro. Con este novo suplemento veríase na
obriga de elaborar outro, pois estase diante dun novo incumprimento da regra de
gasto. É dicir, por un lado, a Xunta e Facenda,
limítanlle e márcanlle o que pode gastar e por outro, o alcalde,
continúa facendo o que lle da a gana e gastando de xeito descontrolado.
Esquece, o Sr Castiñeira, que non
se trata de un suplemento de crédito para uns orzamentos prorrogados, senón para
o de un orzamento en vigor e recien aprobado, mesmo ten o descaro de
recoñecer con total impunidade, en pleno, que varias das partidas que incluíu e
presentou para dito orzamento en xuño que xa estaban esgotadas tres meses antes.
A mala xestión do alcalde
Castiñeira ao facer un orzamento que non contempla o gasto comprometido, é
evidente e tradúcese, como sinalan sucesivos os informes dos técnicos
municipais, en que a maior parte das obras non son obxecto de contratación, ou
sexa que se dan a dedo a empresas “amigas”, execútanse sen proxectos, sen
informes dos técnicos, fraccionándose os contratos. Abúsase das contratacións
externas para traballos que se poderían levar a cabo con traballadores municipais, contrátase persoal
a través de empresas o que favorece o clientelismo.
O PSOE comprobou que como gasto en festas
superou en mais de 160.000 euros ó orzado, como non se cumpre a prelación de
pagos ou sexa que, o Alcalde, arbitrariamente paga a quen el quere por encima
de outros, como non se cumpre o acordado en pleno en temas de produtividade do
persoal ou como, unha vez mais, Gestagua sigue sen ingresar o que debe ao
concello pola taxa do lixo.
O PSOE tamén
comprobou que, como moitas das facturas non
describen o concepto, non é posible saber os traballos realizados, nin
as horas ou días de traballo, nin as unidades de obra ou prezo unitario, o que
demostra a despreocupación do equipo de goberno polo control dos cartos de
todos os veciños despois de unha subida de impostos de mais do 50%
Un descontrol absoluto que, o
PSOE de Foz, non pode blanquear con un voto a favor nin unha abstención, a un
suplemento de crédito, que volverá a facer saltar polos aires a estabilidade
orzamentaria e seguirá mantendo en quebra técnica ao Concello de Foz coas
partidas de non dispoñibilidade.
O PSOE promovera facer unha
auditoría de contas que permita, logo de catro anos de informes negativos de
intervención, coñecer o estado real das finanzas municipais e controlar o
gasto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario