A última decisión é a de desviar o tráfico pesado con dirección a
Ribadeo pola rúa Salvador de Madariaga cara ao porto. Pero por onde? Polo Campo
da Cabana? Por Eduardo Pondal? Algo que
é un auténtico despropósito. Levar o tráfico pesado por vías menores e
estreitas polo medio de pobo non é, nin viable nin aceptable.
Toda esta sucesión de
catastróficas decisións inícianse coa intención de humanizar a Avenida da
Mariña e Álvaro Cunqueiro. É nese momento canto hai que tomar toda unha serie
de decisións, como prever o tráfico cun plan de mobilidade, os aparcadoiros,
etc. algo que non se fixo. Hai que ter en conta, ao comercio, os desprazamentos
dos peóns, dos usuarios das rúas, dos residentes, e non se fixo.
Naquel momento sinalábase que a primeira das arterias principais de Foz, a avenida da Mariña sería dirección a Burela e a segunda, Álvaro Cunqueiro, en dirección Ribadeo. Fixábanse na propia rúa unhas 61 prazas de aparcadoiro. Ningunha das previsións cumpriuse. A avenida da Mariña pasou a ser peonil podendo circular por ela só os residentes para acceder aos garaxes e as prazas de aparcadoiro foron substituídas por prazas de carga e descarga. E Álvaro Cunqueiro, cuxa previsión indicaba que sería en dirección Ribadeo, cambia para ser en dirección Burela.
A día de hoxe atopámonos coas
dúas travesías principais de Foz con dirección Burela, con constantes cambios
nos sentidos de circulación nas rúas adxacentes, cun novo anuncio de
prohibición de circulación pola avenida dá Mariña, excepto para residentes e
uso comercial, repintado de zonas de carga e descarga para aparcadoiros de
máximo 45 minutos, sen saber como se vai a controlar.
E o máis grave, co
tráfico con dirección Ribadeo pola rúa do Pilar, que non reúne condicións para
soportalo nin para converterse en arteria principal do pobo, ou co sorprendente
anuncio de que, o tráfico pesado, derivarase por Salvador de Madariaga
dirección ao porto.
Moitas rúas víronse afectadas
por esta sucesión de decisións improvisadas: a de Paco Mañón e do Pilar, con
senllos colexios, e a do cemiterio viron incrementado o tráfico, os constantes
cambios de dirección en Vilar Ponte (a
de abanca), onde os veciños xa non saben se poden subir ou baixar ou a
obrigatoriedade de xiro á dereita baixando por costa do Castro (onde mercadona), son bo exemplo. Ao que se une a
decisión de non deixar aparcar en Eduardo Pondal o que fai que se vexan
afectadas a rúa Salvador de Madariaga e Alfonso X, que á hora de entrada e
saída do CEIP Nº1, soportan todos os
vehículos que non poden aparcar na anterior, véndose obrigados, mesmo a parar
sobre a beirarrúa, para recoller aos nenos no colexio.
Por non falar de que non se
substituíron as tubaxes de saneamento ou que non se cumpren os grosores do
formigón o que fai que, agora mesmo, a avenida da Mariña estea totalmente
agrietada.
O PP demostra que non ten ningún
proxecto para Foz, que traballa a golpe de improvisación. Esta é a herdanza do
PP de Foz e do Sr Castiñeira. Esta e
unha gasolineira e un tanatorio no medio do pobo.