lunes, 4 de febrero de 2019

O PSdeG-PSOE de Foz logrou o acordo da corporación para que se proceda a reparar os desperfectos que presenta o muro de peche do perímetro do colexio público O Cantel


O partido socialista comprobou que o muro norte do colexio público O Cantel presenta unha serie de desperfectos- cables soltos, arbores rotas, valado de cerramento deteriorado polas ramas do seto circundante, que deben ser corrixidos para que non supoñan un risco para o alumnado de dito centro.
             
As obras de mantemento dos colexios públicos son de competencia municipal polo que, o PSOE decidiu presentar ao pleno deste xoves, unha moción para instar ao alcalde Castiñeira e ao seu equipo de goberno a acometer, con urxencia, ás labores de mantemento necesarias, sobre todo, para garantir a seguridade dos alumnos e alumnas do centro e a súa vez evitar que se continúe deteriorando o cerramento do perímetro do colexio.

             
Mostrámonos satisfeitos de acadar o apoio unánime da corporación e estaremos atentos a que, no menor prazo de tempo posible, se execute o acordado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario