jueves, 31 de enero de 2019

O PSdeG-PSOE de Foz en defensa da atención primaria


O PSdeG-PSOE de Foz rexistrou a semana pasada unha moción, para que a Corporación, acorde instar á Xunta de Galicia a dar cobertura dende o primeiro día as baixas, vacacións ou reducións de xornada dos médicos e persoal sanitario do centro de saúde de Foz e para que conceda a axuda necesaria para cubrir a praza de logopeda no servizo de atención temperá que atende aos nenos de diferentes concellos da comarca, entre eles o de Foz.

             
Unha das necesidades prioritarias de calquera municipio, no que ao estado de benestar se refire, é a asistencia sanitaria. A situación actual en Foz é deficitaria e con importantes carencias asistenciais, non se cobren vacacións, baixas, ou reducións de xornadas dos profesionais do centro de saúde.

             
Este feito tradúcese, nunha carga de traballo extra para os outros facultativos e unha saturación das outras consultas o que, en definitiva, supón unha merma da calidade asistencial que reciben os veciños e  veciñas de Foz.

            
Os profesionais dos centros de saúde e os PAC están en pé de guerra en toda Galicia, tamén en Foz, protestando pola precariedade laboral existente na atención primaria e pola saturación e sobre carga de traballo que teñen ao ter que asumir os cupos dos facultativos ausentes, mobilizacións que contan con todo o apoio dos socialistas de Foz.

             
Capitulo aparte merece pediatría, na que a titular do servizo ten solicitado a xornada reducida e non se cubre o horario restante por parte da Consellería de Sanidade, obrigando a que os nenos e nenas que necesitan atención pediátrica e non se poden citar dentro do horario no que exerce a pediatra, se vexan obrigados a acudir aos médicos de familia ou ao hospital.

            
Feitos como os acaecidos, no pasado nadal, onde o servizo estivo sen cubrir por vacacións da pediatra repítense cada vez que esta profesional, ou outros, exercen o seu dereito de vacacións.

            
 Vemos como a atención sanitaria dos nosos nenos e nenas se deteriora día a día, non so no centro de saúde de Foz, senón tamén en servizos como a atención temperá, dependente do Concello de  Burela partir dunha subvención concedida  por Política Social da Xunta. Onde a logopeda que prestaba o servizo á comarca rematou o contrato, sen que o ente autonómico conceda novo financiamento para renovar o seu contrato ou contratar un novo profesional, o que obriga a estes pacientes de tan corta idade, con trastornos no seu desenrolo ou en risco de padécelos, a desprazarse a Lugo ou acudir a un servizo privado para recibir o tratamento necesario ou preventivo.          

            
O grupo socialista espera acadar o acordo da corporación para, por un lado, instar á Xunta de Galicia a dar cobertura inmediata aos profesionais cando estes estean de baixa ou en períodos vacacionais, a dar cobertura a parte correspondente á xornada reducida do pediatra do centro de saúde de Foz e por outro, a que se proceda a conceder as axudas necesarias para cubrir, no servizo de atención temperá de Burela, a praza de logopeda vacante tras rematar o contrato do profesional que o prestaba, sen que teña que ser o goberno socialista concello de Burela o que vexa na tesitura de ter que cubrir a carencia deste profesional para prestar un servizo do que dependen mais de 40 nenos entre cero e seis anos de oito concellos comarca, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Cervo, Alfoz Lourenzá e Barreiros.




           

No hay comentarios:

Publicar un comentario