Non basta con, como di o alcalde
de Foz, acelerar os trámites para abrir a nova residencia, neste intre e tras o
acontecido o imprescindible ten que ser asegurar a seguridade dos residentes, que
un perito emita un informe urxente do
estado do edificio, que garanta que todas as estancias son habitables ou si
polo contrario é necesario pechar algunha.
Desde o partido socialista
criticamos en diferentes momentos a demora que supuxo para a apertura da nova
residencia a decisión do alcalde de solicitar a cesión da mesma ao consorcio, e
o tempo nos da a razón, o novo edificio leva mais de dous rematado e sen
ocupar.
O que fai que nos cuestionemos si o alcalde, por motivos electoralistas,
leva dous anos estirando os diferentes trámites para facer coincidir a apertura
da residencia co período electoral, en vez de axilizalos diante dunha Xunta da
mesma cor política ca súa e mais cando vemos residencias do redor, impulsadas
pola Deputación e edificadas con moita posterioridade á de Foz, van a abrir as
súas portas ao mesmo tempo, ou antes, que a focense.
Namentres, o Concello, continúa
inxectando fondos para o mantemento do vello asilo, que á vista do ocorrido non
esta claro onde van parar, a mantemento das instalacións vese que non. Nin o
patronato nin a entidade que xestiona o asilo, xustificaron nin fixeron un
mantemento adecuado da instalación logo das distintas subvencións que recibiron
de fondos públicos do Concello de Foz.
Por outra parte hai escasos días
o Alcalde declaraba en prensa que o Concello faríase cargo do mantemento do
actual asilo, unha vez se trasladen os residentes as novas instalacións, como
condición do patronato para a cesión dos terreos colindantes de cara a levantar
neles un hipotético auditorio. Á vista do degradado estado no que se atopa dito
edificio, cabe cuestionarse si é de recibo que o Concello asuma dito compromiso
de mantemento sen unha valoración previa do custe que pode supor para as arcas
municipais e sen sequera saber que uso se vai dar ao mesmo.
Non se pode ir a golpe de
ocorrencia como nos ten acostumados o Alcalde Castiñeira, as decisións deben ir
acompañadas das valoracións necesarias para asegurar que non supoñen un
menoscabo dos recursos económicos que pertencen a todos os veciños.