O PSdeG - PSOE de Foz denuncia o caos e o fracaso do alcalde na
“peatonalización” da Avenida da Mariña.
O sentido común, o menos común dos sentidos do Alcalde de Foz. O
PSOE de Foz quere poñer en valor as reclamacións dos comerciantes da Avenida da
Mariña. Tras moitas conversas, estamos constatando o temor existente entre
moitos comerciantes ante o futuro da calle cando esta volva a ser peonil, xa
que as vendas resentíronse moitísimo no período que a rúa estivo pechada ao
tráfico. Houbo comercios que incluso se marcharon de alí, como tendas de roupa
ou unha coñecida confitería.
É
inaudito que se deseñe unha rúa para paso de vehículos, con zonas de
aparcamento enfocadas aos usuarios do comercio, e de un día para outro sen
ningún estudio nin criterio, se decida pechar de forma unilateral ao paso dos
vehículos.
É fundamental humanizar e peatonalizar o centro de Foz,
pero cunha planificación e un deseño que permita compatibilizar as necesidades
de tódolos veciños. Unha rúa sen tendas, sen comercios, sen vida, sería unha
rúa morta.
A
Rúa do Pilar non é viable como arteria principal. Ten problemas estructurais,
non presenta ancho suficiente nin beirarrúas e hai outros condicionantes como a
presencia dun colexio.
Non
entendemos como con esta problemática o alcalde sigue defendendo o peche ao
tráfico da Avenida da Mariña, imposible neste momento. Unha previsión adecuada
podería permitir un cambio de uso nun futuro, pero neste momento NON é posible.
O PSOE ven de constatar que coa configuración e o deseño actual a Avenida da Mariña funciona moito mellor co paso de vehículos, tal e como estaba proxectada e se reformou no Proxecto Construtivo.
A
conclusión que sacamos é que o Alcalde erra nos seus plantexamentos, porque non
escoita ou non quere escoitar aos veciños. E unha vez errado, é incapaz de
recoñecelo e corrixir unha decisión a todas luces errónea, equivocada e
inasumible.
Seguiremos
defendendo un estudo integral de mobilidade e de tráfico en Foz, onde faga
falta, cuestión que polo que se ve non é prioritaria para o actual rexedor do
Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario