domingo, 30 de septiembre de 2018

O PSdeG-PSOE de Foz satisfeito de que a moción para solicitar bonificación do IBI bonificación ás explotacións agrícolas e gandeiras, asociacións veciñais e familias numerosas, resultase aprobada.

Estamos a tres meses de acabar o ano e é necesario poñerse xa a traballar sobre a modificación da ordenanza do IBI, para que poida entrar en vigor o ano próximo, desde o PSOE de Foz instamos ao alcalde e aos demais membros da corporación para que, xunto aos técnicos municipais, traballen para modificar dita ordenanza a efectos de introducir as bonificacións acordadas.  

                 
A bonificación ás explotacións agrícolas e gandeiras, que pode alcanzar ata o 95% da cota do imposto, está suxeita a determinados requisitos como estar de alta no Imposto de actividades económicas e estar ao corrente en todas as súas obrigacións fiscais. 


Trataríase de favorecer a aquelas explotacións que teñan en función dos membros da familia dedicados á exploración ou que fomenten o emprego, entre outros baremos. Esta medida beneficiaría ás instalacións necesarias para desenvolver a súa actividade, a alpendres, naves, cortellos ou invernadoiros, non á vivenda habitual. 


O sector está a pasar por dificultades económicas hai tempo e esta medida podía contribuír a aliviar a súa maltreita economía e fomentar a fixación de poboación no rural onde a substitución xeracional está en decadencia.

Tamén queremos agradecer á asociación de familias numerosas o seu apoio á iniciativa presentada para bonificar no IBI a este tipo de familias. En Foz existen actualmente unhas 79 familias numerosas rexistradas, das cales o 94% son de tipo xeral, é dicir de tres ou catro fillos. E aínda que habería que baremar en función do valor catastral da vivenda ou da renda as mesmas, estariamos a falar, segundo os nosos cálculos, dun impacto duns 12.000 euros máis ou menos na recadación do imposto, cantidade perfectamente asumible polo Concello, pero beneficiosa e necesaria para a economía destas familias numerosas.


Independente dos informes que poida emitir intervención, esta é unha decisión política na que, a nivel recaudatorio, o impacto global da aplicación de todas as bonificacións aprobadas, sería moi inferior á baixada do tipo de gravame que se acordou, hai un ano, por consenso da corporación. Así mesmo, debemos lembrar que son unhas bonificacións que está suxeitas á petición propia e concesión por parte da corporación, previa valoración de todos os requisitos necesarios.                 



                
      


No hay comentarios:

Publicar un comentario