No PSdeG-PSOE de Foz preocúpanos o estado do río de Alemparte na parroquia de Cangas e reclamamos a súa limpeza.
O río de Alemparte en Cangas, presenta un
cauce no que se acumula moita maleza, ocasionado molestias aos veciños que
viven ao seu carón, motivo polo que, o noso grupo municipal vai defender unha moción no próximo pleno demandando da
administración a súa limpeza.
Os socialistas entendemos que, Augas
de Galicia da Xunta é organismo competente na conservación e mantemento dos cauces dos nosos ríos; é a quen corresponde, con medios
propios ou a través dun convenio u autorización co concello realizar as tarefas
de desbroce, limpeza, adecuación e acondicionamento nos mesmos.
O deficiente estado de conservación
dos cauces, reprodúcese noutros regatos e ríos do concello de Foz, como o río
Ouro ou o Masma.
A lentitude á hora de executar
labores de limpeza, colma a paciencia dos veciños e xera malestar, polo que vamos a solicitar tamén que, o Equipo de Goberno do concello de Foz, realice unha
valoración da situación dos ríos do concello e que dende a colaboración entre
administracións inicie as xestións oportunas para limpar e acondicionar os
cauces dos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario