O grupo Socialista defendera
unha bonificación de ata o 95% da cota do IBI, que xa se esta a aplicar noutros
concellos do redor, para que axude a mitigar o “sablazo” sufrido polos veciños
pola, inxusta e desproporcionada, subida dos valores catastrais realizada por
petición do Alcalde e do Catastrazo que, en Foz, cobrouse con carácter
retroactivo os últimos catro anos, afectando especialmente aos inmobles do
rural e onde, as construcións destinadas á agrogandeiría: establos, naves,
invernadoiros, foron os grandes afectados.
Na
zona interior de Foz, predomina o sector primario e as actividades agrícolas e
gandeiras, polo que esta bonificación, aparte de axudar a economía das familias
que se dediquen profesionalmente a estas actividades, constituiría un apoio
decidido polo rural, potenciando o relevo xeracional e axudando a fixar
poboación.
Esta
bonificación, igualmente, podería ser aplicada naqueles inmobles que, sendo
titularidade de Asociacións Veciñais, nos últimos anos sufriron enormes
dificultades para facer fronte ao pago do imposto. - Un claro exemplo é, o
Centro Social e Cultural O Castro de Vilaronte, onde o recibo da contribución se
disparou ata os 1.500 euros anuais, o que deixa sen recursos a unha asociación
que leva moitos anos promovendo, en torno ao seu centro social, as relacións
veciñais e multitude de actividades culturais na parroquia.
O
grupo socialista tamén solicitará que se aplique bonificación ás familias
numerosas ou, con dous fillos si un deles sufre algún tipo de discapacidade,
fixando tramos en función do valor catrastral e o nivel de renda familiar.
Con
estas iniciativas, o PSOE de Foz, sigue apostando por medidas políticas de
carácter social beneficiosas para os veciños, como a, recentemente publicada,
ordenanza que fixa as axudas por nacemento de fillos no concello focense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario