jueves, 13 de septiembre de 2018

FOZ TEN UN GRAN FUTURO


Todo gobernante, sexa na institución que sexa, máis grande ou máis pequena, ten que ter unha visión estratéxica, un plan de futuro, e un mínimo de valentía.


Os socialistas non nos resignamos a que Foz se reduza a unha cidade dormitorio ou un sono dunha noite de verán. O turismo é fundamental, importantísimo na nosa vila, e hai que potencialo, buscar novos mercados  promocionándoo desde o Concello e outras institucións, para que se prolongue ao longo do ano e non só en xullo e agosto.


Non nos resignamos a que se permita o abandono no que se encontra o polígono de Fazouro, o motor da nosa industria. Foz acolle empresas importantísimas como Pescados Rubén, que da traballo a tanta xente. Non se pode ningunear ao sector produtivo, tamén nas nosas aldeas, que fixa poboación  e permite que algúns dos nosos xoves –demasiado poucos por desgracia- poidan aínda quedar a traballar en Foz. 


Non permitimos que Foz non conte con un plan de mobilidade, cunha planificación de tráfico, e se trate de converter a Rúa do Pilar, totalmente secundaria e cuns problemas estruturais moi graves, na arteria principal de Foz sen ningún arranxo.


Os socialistas non toleramos as medias verdades e a desinformación. Unha residencia que continúa pechada e que soamente coa acción do PSOE se evitou a cuota mínima de 900 euros ou máis que se está a pagar en Cervo. Unha depuradora da que non levou a pleno aínda o novo estudio de alternativas e que pretende aprobar sen legalidade, sen explicacións e sen consenso. Un servizo de abastecemento que se privatiza de novo e do que estaremos vixiantes. Un PXOM que non é capaz de aprobar definitivamente co goberno en Santiago da mesma cor política. Un pobo descoidado, sen limpeza nin arranxos.


Cambia o vento, cambia o criterio do gobernante. Arrecia o Nordés, frío e seco, que agora quere soprar outros catro máis non sabemos en que dirección.  Esperemos que non: Foz é algo máis que festas. 

Artigo de Opinión de Fran Cajoto 





No hay comentarios:

Publicar un comentario