Un
orzamento sen posibilidade de realizar investimentos durante anos, cunha
partida de 600.000 euros da que non se pode dispor durante dous anos
consecutivos, para cumprir coa esixencia da Consellería de Facenda, ante o
incumprimento reiterado da regra de gasto e a lei de estabilidade orzamentaria
do equipo de goberno e un alcalde que, gastou sen control, nos últimos anos
máis de 2.000.000 millóns de euros por encima do orzado. Estamos ante un
concello intervido de facto pola Xunta de Galicia e hipotecado durante anos por
unha aciaga política de gastos por parte do Alcalde Castiñeira – así considera
o PSOE de Foz a proposta presentada pola alcaldía.
Aprobar o devandito orzamento
significa aprobar a nefasta xestión por parte do PP, que non controla os gastos,
nin os traballos e obras realizadas que non van acompañadas de ningún proxecto
nin son informadas polos técnicos municipais, cando se fraccionan as obras para
que non saian a concurso público, cando a maioría dos servizos están a
realizarse de forma ilegal por que non saíron a concurso, cando se externalizan
a maioría dos traballos existindo persoal no Concello, cando se contrata
persoal a través de empresas, cando non se controla a morosidade, tal e como
sinalan os diferentes informes de intervención.
Tamén sinalan, ditos informes, a
necesidade de limitar o gasto, pois gastos superiores aos orzados incumprirían
de novo a regra de gasto e recomendan a necesidade de priorizar os servizos a
prestar, dada a escaseza de recursos e realizar políticas públicas e de gastos,
sempre previa valoración, polos servizos de intervención, da capacidade para
asumilos, o que nunca se fixo nestes anos.
O PSOE cree que a xestión do
Alcalde é contraria ao interese público e da maioría dos veciños e veciñas de
Foz, máxime cando a única solución que propón para aumentar os recursos
dispoñibles é privatizar o servizo da auga, polo que non votará a favor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario