É indignante ver como se pisan os dereitos dos veciños, unha e outra
vez, sen ningún pudor. O Proxecto Constructivo da Avda Álvaro Cunqueiro
estase incumprindo de novo polo que imos propoñer a recusación da
Dirección de Obra.
Primeiro foi impedir o acceso aos garaxes dos
residentes durante as obras, dereito recollido expresamente no Proxecto
Constructivo e que se lles está negando aos veciños sen ningún motivo,
cando obras e garaxes son perfectamente compatibles.
Despois foron
as escusas e a calada por resposta ante a esixencia do PSOE de
presentar ante o Pleno da Corporación o Plan de Seguridade da obra, tal e
como establece o Proxecto e non se fixo.
Non podemos permitir de ningún modo que se pisen os dereitos dos
veciños, unha e outra vez. Non vamos tolerar as trapalladas e
argalladas, a política de feitos consumados que está levando a cabo, o
alcalde, nesta e noutras obras.
O culmen do despropósito é a primeira certificación –o que vai cobrar a empresa que está a facer as obras- que o alcalde leva ao pleno do próximo xoves. A pesar das advertencias continuadas do PSOE, substituíronse os tubos para auga de choiva por outros de menor diámetro e inferior calidade. Estamos denunciando que se pretende pagar con prezos de proxecto uns tubos que custan unha terceira parte, diñeiro que sae sen control do Concello.
Imos esixir á Intervención é á Secretaría do Concello un informe claro e específico de si é legal pagar o prezo máis caro por material de menor calidade, comprar gato por lebre. O PSOE afirma que non, que o alcalde está actuando fora da legalidade, calquera cambio nas obras esixe un Proxecto Modificado, que se ten que facer con anterioridade. O resto é fume.
Os socialistas denunciamos a forma de actuar da Dirección de Obra e do Alcalde. Esixiremos responsabilidades. Non podemos permitir outra obra como a Avenida da Mariña, na que houbo que picar o formigón menos dun ano despois de estar rematada. O que está pasando en Foz é inaudito

No hay comentarios:
Publicar un comentario