martes, 26 de junio de 2018

As propostas do PSOE aos orzamentos son sobradamente coñecidas polo alcalde e todos os veciños, así llo fixemos saber na reunión, sen recibir mostra de un achegamento de posturas.

No PSOE de Foz aínda nos estamos preguntando que entende o alcalde de Foz por negociación. Tras asistir a una reunión tardía, pois debería tela feito antes de levar os orzamentos a pleno e non despois de que lle fosen rexeitados polo voto contrario de toda a oposición, ven agora con negociacións.

Asistimos atónitos á proposta de negociación que presenta a alcaldía, si os orzamentos rexeitados eran decepcionantes, os novos aínda son peores, vense afectados dous exercicios o actual e o do vindeiro ano 2019, ambos condicionados polo plan económico financeiro e a partida de non dispoñibilidade de 560.000 euros por non ter feito o plan como lle esixía a Consellería de Facenda da Xunta dende fai mais de un ano, como requisito imprescindible para poñer en marcha a nova residencia de maiores e por non cumprir a regra de gasto, gastando sen control os últimos anos. Sendo estas circunstancias as que motivan que non estea, dende fai un ano, a residencia en funcionamento. O alcalde é o único responsable desta situación e agora quere lavar a cara dunha mala xestión e do tirón de orellas que lle da a Consellería de Facenda. Os veciños de Foz merecen algo mais que un alcalde inepto que non xestiona correctamente, que gasta sen ton ni son, que incumpre ano tras ano a regra de gasto e que logo ven pedindo que a oposición branquee a súa mala xestión, pedindo unha axuda que significa condenar a Foz sen investimentos.

Estamos ante un concello en quebra técnica, cunha estimación de ingresos 800.000 euros menor que os presentados en maio e sen investimentos. Elimina as mínimas inversións que contemplaba no orzamento rexeitado, como por exemplo a partida para facer a nova canceira, nin contempla ningún investimento para a rúa do Pilar rúa que pretende converter en arteria principal do tráfico rodado xunto con Álvaro Cunqueiro. 

Condiciona os ingresos deste ano ao cobrado polo catastrazo, eses 500.000 euros cobrados polas regularizacións catastrais dos anos 2012 a 2015 da contribución, e os do vindeiro ano a unha suposta partida de canon da auga polo mesmo importe para cadrar o orzamento , o que quere dicir que vai a continuar co servizo privatizado sen saber a opinión do resto dos grupos da oposición o que supón unha nova chantaxe, polo que quen aprobe este simulacro de orzamento vaise ver condicionado a aprobar de novo a privatización do servizo de auga coa conseguinte subida de tarifas para os veciños.

As propostas do PSOE son sobradamente coñecidas polo alcalde e todos os veciños, así llo fixemos saber na reunión, sen recibir mostra de un achegamento de posturas.
O PSOE quere que se abra a residencia este ano, que tanto os traballadores como os maiores pasen do asilo ás novas instalacións, pero sen agravios comparativos con outras residencias públicas, polo que xa antes de que levase os orzamentos rexeitados a pleno puxo a exixencia de que se tiña que garantir que ningún usuario tivese que aportar mais do que ten que aportar en outras residencias públicas, un 75% nas dependentes da deputación e un 80% nas da Xunta, e non foi recollido polo alcalde, sendo un dos motivos que nos levaron a votar en contra. 

Sería necesario dotar unha partida orzamentaria e elaborar unha ordenanza para recoller estas axudas aos usuarios que poden estar por encima dos 200.000, pero de pouco vale que agora nas negociacións dun novo orzamento para este 2018 asuma esta condición en devandito orzamento, cando por outro lado recoñece que non vai a poder abrir este ano a residencia, tampouco. 

En todo caso esta tería que ser unha medida excepcional, durante o período de transición asilo-residencia e pasado o tempo de cesión por parte do Consorcio e a Xunta de dous anos prorrogables a dous mais, parte deles xa transcorridos, a esixencia ten que ser devolver a xestión da residencia ao Consorcio Galego pois non pode ser que concello teña que facer fronte en solitario a este gasto. 

O PSOE puxo sobre a mesa a necesidade de devolver aos veciños, de oficio, o cobrado de mais no IBI do 2014, cobro indebido que prescribe este ano sen que o alcalde fixese nada por devolvelo nin por paralizar a prescrición, ante o silencio deste.

Apostamos pola tan necesaria canceira, por un proxecto adecuado ás necesidades da protectora, non un recinto que se quede pequeno o primeiro día, que precisará ampliación co conseguinte dobre gasto que iso suporía, como ía no orzamento rexeitado. Que se asuma o proxecto mais ambicioso e que se dote unha partida de 150.000 euros que pode ser bianual. 

Os socialistas levamos dende o primeiro ano de mandato reclamando que se dote de beirarrúas á estrada do cemiterio, que pasa por diante da nova residencia, que se ensanche e completen as beirarrúas dá rúa do Pilar, algo mais urxente que nunca, diante do anuncio de que dita rúa quedará como travesía do pobo.

A partir destas premisas o PSOE non tería inconveniente en negociar uns novos orzamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario