jueves, 28 de junio de 2018

O PSdeG-PSOE de Foz levará a pleno unha iniciativa para que se aumente o número de prazas nas escolas infantís


            
Un ano mais Foz, continúa con escaseza de prazas nas escolas infantís e segue habendo familias que, pese a demandalo, non poden matricular aos seus fillos e fillas en ningunha das dúas escolas infantís  do municipio.
                 
Tras saír publicadas as listaxes definitivas de admisión e agarda nas escolas infantís, “A Galiña Azul” e “Nosa Sra. da Purificación”, pódese comprobar como Foz continua tendo lista de agarda en ámbalas dúas.
                 
Por segundo ano consecutivo o grupo socialista vai demandar o apoio da corporación para volver a instar á Consellería de Política Social e ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade a que dean cobertura pública á demanda de prazas nas escolas infantís no concello de Foz.
                
Hai dúas posibilidades, unha da que sería mais partidario o PSOE, que é ampliar as escolas existentes, e outra, valorar a posibilidade de unha nova escola infantil nun lugar que xa este adaptado, como por exemplo a Escola Unitaria de Vilaronte ou a Obra Pía de Fazouro.
                
No pasado ano puidemos comprobar como en concellos do redor, véxase Mondoñedo por exemplo, procedíase á ampliar a súa escola infantil, aínda tendo menos demanda de prazas que Foz, co resultado de que, neste curso 2018-19, non ten lista de agarda. 

Fai escasos dias o presidente da Xunta de Galicia, Sr Feijóo, anunciaba que esperaba habilitar mais de 1.500 novas prazas o próximo ano, polo que o PSOE de Foz cree que é o momento oportuno para que o alcalde de Foz faga as xestións oportunas e necesarias para que, unha parte desa ampliación de prazas, recaia no concello de Foz.
               
Dispor de prazas suficientes nas escolas infantís e unha das ferramentas crave para a conciliación da vida familiar e laboral e a incorporación da muller ao mundo laboral, polo que os socialistas de Foz esperamos o apoio unánime de toda a corporación nesta demanda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario