sábado, 30 de junio de 2018

O macropleno das indecencias: A cuadratura do círculo ou como prexudicar os intereses dos veciños de Foz



No pleno deste xoves, dende o PSOE de Foz, asistimos a unha nova sesión do trato despótico e marrulleiro do alcalde aos concelleiros do noso partido, con ataques persoais que nada teñen que ver co debate que esperan os veciños dos seus representantes.

                 
Unha vez máis, o alcalde xoga con tratos de favor, vinculando a aprobación duns presupostos inverosímiles, decepcionantes e moi tardíos, coa privatización do servicio municipal da auga.  Coa inestimable colaboración de FPF, o alcalde logrou nun solo pleno a cuadratura do círculo, que se aprobaran os orzamentos, que se privatizase a residencia de maiores o servizo da auga.

                
 En canto aos orzamentos, que o alcalde vinculou ao plan económico financeiro, o PSOE, non pode menos que denunciar o engano que supoñen as partidas de ingresos,  infladas a todas luces con impostos que non se van a cobrar e a decepción nas inversións que supoñen as partidas de gastos. A única inversión que trouxo a debate, a canceira, será sufragada con fondos da Deputación, única administración que suple a nula aposta por Foz que están a facer tanto o Concello como a Xunta de Galicia.

                 
O alcalde pretende corrixir o agravio que suporá para os usuarios, a residencia dos 900 euros, soamente para rico, que o PSOE foi o primeiro en denunciar, con unha partida extraordinaria do catastrazo. Veremos como fai para subvencionar as prazas na residencia nos sucesivos anos, con un Concello sen capacidade económica, en quebra técnica e intervido pola Xunta, pola mala xestión deste alcalde.

                
Os socialistas temos que lamentar a aprobación duns presupostos incoherentes, falsos a todas luces e que traerán consigo de novo 500 ou 700 mil euros en facturas fora de contabilidade, como ven sendo habitual nestes últimos anos.
Uns gastos por encima do orzado que incumpren reiteradamente a Lei de estabilidade orzamentaria, obrigando a elaborar un plan económico financeiro, e que ao non facelo en tempo trae como consecuencia esas partidas de non dispoñibilidade de case 600.000 euros que hipotecan o concello os vindeiros anos.

                  
Non é coherente, por un lado, criticar a xestión dun alcalde que fixo que o concello estea en quebra técnica,  intervido por esas partidas de non dispoñibilidade, criticar que non se controlen gastos, nin traballos, nin obras realizadas, que se fraccionen contratos para non sacalos a concurso, que non se cumpran as inversións acordadas e recollidas no orzamento dos pasados anos e, por outro, aprobar un orzamento baixo a crenza de que, o alcalde, vai mudar de actitude non gastando de mais e cumprindo co acordado. Nin ir de adaíles da xestión pública dos servizos e votar a favor dun orzamento que certifica as externalizacións e  privatizacións tanto do servizo da auga como da residencia.
                 

En canto á xestión da auga, que si é municipal e non unha competencia impropia como a residencia, o alcalde afirma que non é capaz de xestionala –iso é verdade, á vista está-.  O informe de Eptisa, que o alcalde esgrime, apuntaba dúas opcións viables para xestionar a auga no concello, pública e privada. A primeira das opcións, a xestión pública, permitía obter ingresos que reverterían no Concello. Atopabámonos ante una oportunidade única. Con unas condiciones inmellorables, más abonados que habitantes, con un informe técnico que di que existe un beneficio, sen subir tarifas, de más de 50.000 euros e que facía perfectamente factible a municipalización e coa privatización, o que sairá a concurso é que a empresa adxudicataria gañe mas de 250.000 euros ao ano.
                
 A opción da xestión privada, que levará eses ingresos ás mans privadas e non aos veciños, foi aprobada nun sospeitoso contubernio, con incompatibilidades e abstención nas deliberacións dos concelleiros de FPF pola súa relación laboral coa actual empresa na liquidación do contrato vencido e tomando partido na decisión do tipo de xestión, algo que non fixeron cando o PSOE presentou una moción para crear una comisión para traballar na municipalización, pero si cando unha privatización da auga lles beneficiaría persoalmente e, casualidade, é necesaria a probación por maioría absoluta da corporación.
                 
No PSOE asistimos atónitos ao lamentable cruce de descualificacións  entre o BNG e FPF como consecuencia dos seus intereses. Acusando uns de que la portavoz do BNG tEN a súa nai traballando no asilo e pretende que pase á residencia sen ter que concursar polo posto de traballo, e os outros acusando ao portavoz e concelleira de FPF de ter intereses en Gestagua e facer de comerciais da empresa defendendo e apostando pola privatización.
                 
O despropósito do alcalde chegou ao seu máximo expoñente, na primeira certificación da obra da rúa Álvaro Cunqueiro que levou ao pleno. En contra de toda a lexislación vixente, en contra dos intereses de todos os veciños, o alcalde pretendeu pagar 800 metros dunha tubería que nunca se construíu e certificar o triple de prezo por un tubo de inferior calidade.
                
 Afortunadamente, nesta ocasión, toda a oposición adoptou a única decisión que se podía tomar, deixalo sobre a mesa ata que se aclare si, como afirma o PSOE, é o pleno quen debe aprobar calquera modificación do proxecto e si, se pretende cobrar por materiais de menor calidade que os recollidos no proxecto a prezo dos mellores e mais caros, o que suporía un claro caso de prevaricación.



             

jueves, 28 de junio de 2018

O PSdeG-PSOE de Foz levará a pleno unha iniciativa para que se aumente o número de prazas nas escolas infantís


            
Un ano mais Foz, continúa con escaseza de prazas nas escolas infantís e segue habendo familias que, pese a demandalo, non poden matricular aos seus fillos e fillas en ningunha das dúas escolas infantís  do municipio.
                 
Tras saír publicadas as listaxes definitivas de admisión e agarda nas escolas infantís, “A Galiña Azul” e “Nosa Sra. da Purificación”, pódese comprobar como Foz continua tendo lista de agarda en ámbalas dúas.
                 
Por segundo ano consecutivo o grupo socialista vai demandar o apoio da corporación para volver a instar á Consellería de Política Social e ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade a que dean cobertura pública á demanda de prazas nas escolas infantís no concello de Foz.
                
Hai dúas posibilidades, unha da que sería mais partidario o PSOE, que é ampliar as escolas existentes, e outra, valorar a posibilidade de unha nova escola infantil nun lugar que xa este adaptado, como por exemplo a Escola Unitaria de Vilaronte ou a Obra Pía de Fazouro.
                
No pasado ano puidemos comprobar como en concellos do redor, véxase Mondoñedo por exemplo, procedíase á ampliar a súa escola infantil, aínda tendo menos demanda de prazas que Foz, co resultado de que, neste curso 2018-19, non ten lista de agarda. 

Fai escasos dias o presidente da Xunta de Galicia, Sr Feijóo, anunciaba que esperaba habilitar mais de 1.500 novas prazas o próximo ano, polo que o PSOE de Foz cree que é o momento oportuno para que o alcalde de Foz faga as xestións oportunas e necesarias para que, unha parte desa ampliación de prazas, recaia no concello de Foz.
               
Dispor de prazas suficientes nas escolas infantís e unha das ferramentas crave para a conciliación da vida familiar e laboral e a incorporación da muller ao mundo laboral, polo que os socialistas de Foz esperamos o apoio unánime de toda a corporación nesta demanda.

miércoles, 27 de junio de 2018

Votar "SI" á nova proposta do orzamento, que presenta o alcalde de Foz, é certificar a situación de quebra técnica do concello.



Un orzamento sen posibilidade de realizar investimentos durante anos, cunha partida de 600.000 euros da que non se pode dispor durante dous anos consecutivos, para cumprir coa esixencia da Consellería de Facenda, ante o incumprimento reiterado da regra de gasto e a lei de estabilidade orzamentaria do equipo de goberno e un alcalde que, gastou sen control, nos últimos anos máis de 2.000.000 millóns de euros por encima do orzado. Estamos ante un concello intervido de facto pola Xunta de Galicia e hipotecado durante anos por unha aciaga política de gastos por parte do Alcalde Castiñeira – así considera o PSOE de Foz a proposta presentada pola alcaldía.

 Aprobar o devandito orzamento significa aprobar a nefasta xestión por parte do PP, que non controla os gastos, nin os traballos e obras realizadas que non van acompañadas de ningún proxecto nin son informadas polos técnicos municipais, cando se fraccionan as obras para que non saian a concurso público, cando a maioría dos servizos están a realizarse de forma ilegal por que non saíron a concurso, cando se externalizan a maioría dos traballos existindo persoal no Concello, cando se contrata persoal a través de empresas, cando non se controla a morosidade, tal e como sinalan os diferentes informes de intervención.
                
 Tamén sinalan, ditos informes, a necesidade de limitar o gasto, pois gastos superiores aos orzados incumprirían de novo a regra de gasto e recomendan a necesidade de priorizar os servizos a prestar, dada a escaseza de recursos e realizar políticas públicas e de gastos, sempre previa valoración, polos servizos de intervención, da capacidade para asumilos, o que nunca se fixo nestes anos.
                 
O PSOE cree que a xestión do Alcalde é contraria ao interese público e da maioría dos veciños e veciñas de Foz, máxime cando a única solución que propón para aumentar os recursos dispoñibles é privatizar o servizo da auga, polo que non votará a favor.