O desconcerto entre os veciños é notable á hora de pasar dunha parte a outra neas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Tal como están configuradas, supoñen un perigo para os viandantes. Ademais, existen dous colexios nas inmediacións o que obriga a extremar as precaucións para garantir a seguridade dos nenos e nenas que se desprazan a pé á escola. Resultan curiosos os intentos e amagos que se ven obrigados a facer as persoas maiores para cruzar a rúa ao ver chegar un vehículo.
Ninguén sabe de quen é a prioridade, en Álvaro Cunqueiro, rúa de circulación rodada continua, si dos propios vehículos ou dos peóns.
Con respecto á Avenida da Mariña, dicir que esta rúa nunca poderá ser peonil mentres existan
dous supermercados e un hotel co seu propio aparcadoiro. Nin mentres
existan zoas de aparcamento comercial, por moito que o Alcalde a chame zoa
peonil. De todos xeitos, unha zona de prioridade peonil é perfectamente
compatible con paso de peóns, sempre que haxa circulación de tráfico.
Reclamamos unha ordenanza de tráfico para dar
seguridade xurídica aos peóns, condutores e policía local. É necesario
regular o horario das zonas de carga e descarga así coma os espazos reservados a
zonas de aparcamento comercial de 45 minutos.
Si estes meses asistimos perplexos, aos continuos cambios
das configuracións das rúas. Cambios no sentido da circulación, na configuración
dos aparcadoiros, nas zonas de carga descarga e aparcamento comercial.
Escoitar o Alcalde dicir que, agora, vai encargar un plan de mobilidade é,
cando menos, de risa e demostra a mala xestión e improvisación que o impregna
todo no seu mandato destes anos.
Agora, unha vez rematadas as obras de remodelación
das dúas rúas principais de Foz, agora que o tráfico se desvía pola rúa do
Pilar e polo Porto, incluso camións de gran tonelaxe, agora que a rúa do cemiterio
absorbe moito do tráfico, agora é cando nos sorprende co anuncio do plan de
mobilidade que debería ter elaborado antes de executar ningunha obra, tal e
como lle leva reclamado o PSOE en multitude de ocasións.
Un Alcalde
que decide, unilateralmente, o sentido da rúa Álvaro Cunqueiro, colocar e
recolocar á sinalización sen ningún informe da policía local, non ten ningunha
credibilidade. Temémonos que o Sr Alcalde non sabe o que é un plan de
mobilidade, nin que este non só afecta ao tráfico rodado senón tamén ás zonas
peonís, á eliminación de barreiras arquitectónicas, á situación do mobiliario
urbano, ás costumes de uso das rúas polos veciños nos seus desprazamentos, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario