8 DE MARZO. O
TEMPO DAS MULLERES, AVANCE SEN RETROCESO.
No Día
Internacional das Mulleres, 8 de marzo, o Partido Socialista aposta firmemente
pola defensa dos dereitos, a liberdade e a seguridade das mulleres. E nas
políticas de igualdade como instrumento para mellorar, non só as vidas das
mulleres senón de toda a cidadanía.
O PSOE está
comprometido co cambio social que impulsa o feminismo. Non poderá haber
verdadeira transformación se non se conta de maneira esencial coas mulleres,
coa súa participación e contribución. Por iso e coa igualdade como alicerce, abandeiramos
xunto ao movemento feminista todas as conquistas para as mulleres en España.
O 8 de marzo de 2018 marcou un antes e un despois
no noso país. As mulleres, acompañadas de moitos homes, alzaron a súa voz
contra o machismo. Sen posibilidade de volta atrás.
Desde o pasado
xuño contamos cun Goberno feminista que, recollendo ese espírito do 8M, sitúa
a igualdade como un asunto transversal na súa axenda. Un Goberno que a defende,
afianzando os avances logrados, fronte a aqueles posicionamentos políticos que
pretenden eliminalos. Non imos tolerar nin un só retroceso. Os
dereitos das mulleres non se negocian.
Na desigualdade
entre sexos está a raíz da violencia de xénero que no noso país acabou coa vida
de 984 mulleres desde 2003, cando se comezan a contabilizar os asasinatos
machistas. Para acabar con ela son
necesarios instrumentos específicos, como a Lei de Violencia de Xénero, que foi
pioneira en Europa. Tentar confundila coa doméstica é devolvela ao espazo
privado, invisibilizando o seu carácter
machista, en lugar de considerar a protección das mulleres e os seus fillos e
fillas un asunto de toda a sociedade. Para o Goberno, a violencia de xénero é o
principal problema do noso país. Por iso, a posta en marcha do Pacto Contra a
Violencia de Xénero foi unha prioridade.
As mulleres
sofren outras violencias polo feito de ser mulleres, como a sexual, cuxa
tipificación na normativa española está a revisar o Ministerio de Xustiza co
obxectivo de establecer sen ningunha dúbida que “Se unha muller non di si, todo o demais é non”.
A prostitución e
a explotación sexual tamén son violencia machista, que cosifica e
mercantiliza ás mulleres. No noso país, as cifras son terribles. O
Goberno, de acordo ao posicionamento
abolicionista do PSOE, traballa nunha lei que loite contra elas,
ofrecendo a esas mulleres a posibilidade dun futuro digno.
As mulleres teñen
que elixir a súa maternidade libremente, por iso non permitiremos que se poña
en risco o dereito ao aborto. E por iso, o Goberno devolveu a todas as mulleres
o acceso á reprodución asistida independentemente da súa orientación sexual ou
o seu estado civil.
O Partido
Socialista rexeita a xestación por substitución, eufemismo de ventres de
aluguer, porque socava os dereitos das
mulleres, en especial das máis vulnerables,
mercantilizando os seus corpos e as súas funcións reprodutivas. O
Goberno perseguirá ás axencias que ofrecen cada ano por centos de familias
españolas esta práctica a propósito de que está prohibida no noso país.
Camiñar cara á
igualdade plena é unha responsabilidade que nos interpela individualmente e
como sociedade. E que tamén obriga a todas as Administracións, desde a estatal
ata a local. Unha das primeiras medidas adoptadas polo Goberno foi precisamente
devolver as competencias en materia de igualdade aos Concellos, os máis
próximos á cidadanía.
O Partido
Socialista apoia a iniciativa de folga e paros propostas polo movemento
feminista e os dous sindicatos maioritarios (UXT e CC. OO.) para o DÍA 8 DE
MARZO. E insta á cidadanía para sumarse a esta medida de reivindicación ante a
situación de desigualdade que viven as mulleres.
O 8 M de 2019
será de novo unha aldrabada sobre as conciencias cívicas e políticas. As
mulleres sairán ás rúas para esixir o que lles corresponde. Porque a pesar das
conquistas, aínda persisten discriminacións. E porque hai quen cuestiona o
feminismo tentando devolvernos ao pasado.
O PSOE estará, como sempre, loitando coas mulleres
porque cando avanzan as mulleres, faino toda a sociedade e a democracia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario