Nunha reunión
celebrada a pasada semana, entre os socialistas e os empresarios asentados no
polígono industrial de Foz saíron a relucir unha serie de deficiencias
observadas na área industrial, tanto en mantemento básico, limpeza e rozas como
en iluminación, sinalización, reparación de calzadas, seguridade ou en sistemas
de comunicación.
Coinciden socialistas e empresarios
en que a nova autovía e o enlace
proxectado xogará un papel fundamental na posta en valor do polígono.
Coincidindo tamén na importancia de dotar de servizos que supoñan un valor
engadido á área empresarial, tales como: fomentar medidas de eficiencia
enerxética ou implantar fibra óptica, algo fundamental para a industria nos
tempos actuais.
“A implicación municipal na
excelencia e modernización do polígono industrial é algo fundamental que está a
ser desatendido polo actual alcalde. Débense dar facilidades ás empresas
xa instaladas e crear sinerxias para fomentar o emprendemento e que se instalen
outras novas. O estado de abandono e as
carencias do polígono na actualidade, fano pouco atractivo para a implantación
de novas empresas tan necesarias para mellorar a calidade de vida os cidadáns e
conseguir que os mozos non se vexan obrigados a buscarse a vida fóra da
localidade, xerando postos de emprego que axuden a fixar poboación, non podemos
permitirnos o luxo de perder empresas tan importantes como Frutas Morriña, que
tiña a intención declarada de permanecer en Foz.”. - opina o candidato
socialista
Co fin de evitar esas carencias e
converter o polígono industrial de Foz nunha infraestrutura de referencia e
mellor dotada, desde o PSOE instamos o alcalde de Foz a buscar e acollerse a
axudas ofrecidas por outras administracións, como as que ofrece a Xunta nestas
fechas, para a promoción e modernización da área empresarial.
O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.
ResponderEliminar