domingo, 30 de septiembre de 2018

O PSdeG-PSOE de Foz satisfeito de que a moción para solicitar bonificación do IBI bonificación ás explotacións agrícolas e gandeiras, asociacións veciñais e familias numerosas, resultase aprobada.

Estamos a tres meses de acabar o ano e é necesario poñerse xa a traballar sobre a modificación da ordenanza do IBI, para que poida entrar en vigor o ano próximo, desde o PSOE de Foz instamos ao alcalde e aos demais membros da corporación para que, xunto aos técnicos municipais, traballen para modificar dita ordenanza a efectos de introducir as bonificacións acordadas.  

                 
A bonificación ás explotacións agrícolas e gandeiras, que pode alcanzar ata o 95% da cota do imposto, está suxeita a determinados requisitos como estar de alta no Imposto de actividades económicas e estar ao corrente en todas as súas obrigacións fiscais. 


Trataríase de favorecer a aquelas explotacións que teñan en función dos membros da familia dedicados á exploración ou que fomenten o emprego, entre outros baremos. Esta medida beneficiaría ás instalacións necesarias para desenvolver a súa actividade, a alpendres, naves, cortellos ou invernadoiros, non á vivenda habitual. 


O sector está a pasar por dificultades económicas hai tempo e esta medida podía contribuír a aliviar a súa maltreita economía e fomentar a fixación de poboación no rural onde a substitución xeracional está en decadencia.

Tamén queremos agradecer á asociación de familias numerosas o seu apoio á iniciativa presentada para bonificar no IBI a este tipo de familias. En Foz existen actualmente unhas 79 familias numerosas rexistradas, das cales o 94% son de tipo xeral, é dicir de tres ou catro fillos. E aínda que habería que baremar en función do valor catastral da vivenda ou da renda as mesmas, estariamos a falar, segundo os nosos cálculos, dun impacto duns 12.000 euros máis ou menos na recadación do imposto, cantidade perfectamente asumible polo Concello, pero beneficiosa e necesaria para a economía destas familias numerosas.


Independente dos informes que poida emitir intervención, esta é unha decisión política na que, a nivel recaudatorio, o impacto global da aplicación de todas as bonificacións aprobadas, sería moi inferior á baixada do tipo de gravame que se acordou, hai un ano, por consenso da corporación. Así mesmo, debemos lembrar que son unhas bonificacións que está suxeitas á petición propia e concesión por parte da corporación, previa valoración de todos os requisitos necesarios.                 



                
      


jueves, 27 de septiembre de 2018

O PSdeG-PSOE de Foz defenderá no pleno de hoxe, a rebaixa do IBI para as explotacións agrícolas e gandeiras, para os inmobles das AAVV e para as familias numerosas.


O grupo Socialista defendera unha bonificación de ata o 95% da cota do IBI, que xa se esta a aplicar noutros concellos do redor, para que axude a mitigar o “sablazo” sufrido polos veciños pola, inxusta e desproporcionada, subida dos valores catastrais realizada por petición do Alcalde e do Catastrazo que, en Foz, cobrouse con carácter retroactivo os últimos catro anos, afectando especialmente aos inmobles do rural e onde, as construcións destinadas á agrogandeiría: establos, naves, invernadoiros, foron os grandes afectados.
             
Na zona interior de Foz, predomina o sector primario e as actividades agrícolas e gandeiras, polo que esta bonificación, aparte de axudar a economía das familias que se dediquen profesionalmente a estas actividades, constituiría un apoio decidido polo rural, potenciando o relevo xeracional e axudando a fixar poboación.

             
Esta bonificación, igualmente, podería ser aplicada naqueles inmobles que, sendo titularidade de Asociacións Veciñais, nos últimos anos sufriron enormes dificultades para facer fronte ao pago do imposto. - Un claro exemplo é, o Centro Social e Cultural O Castro de Vilaronte, onde o recibo da contribución se disparou ata os 1.500 euros anuais, o que deixa sen recursos a unha asociación que leva moitos anos promovendo, en torno ao seu centro social, as relacións veciñais e multitude de actividades culturais na parroquia.
             
O grupo socialista tamén solicitará que se aplique bonificación ás familias numerosas ou, con dous fillos si un deles sufre algún tipo de discapacidade, fixando tramos en función do valor catrastral e o nivel de renda familiar.
           
Con estas iniciativas, o PSOE de Foz, sigue apostando por medidas políticas de carácter social beneficiosas para os veciños, como a, recentemente publicada, ordenanza que fixa as axudas por nacemento de fillos no concello focense. 


miércoles, 26 de septiembre de 2018

Neste pleno, dende o PSOE, imos reclamar a limpeza do río de Alemparte en Cangas e do resto de ríos do Concello


             
No PSdeG-PSOE de Foz preocúpanos o estado do río de Alemparte na parroquia de Cangas e reclamamos a súa limpeza.
           
O río de Alemparte en Cangas, presenta un cauce no que se acumula moita maleza, ocasionado molestias aos veciños que viven ao seu carón,  motivo polo que, o noso grupo municipal vai defender unha moción no próximo pleno demandando da administración a súa limpeza.

             
Os socialistas entendemos que, Augas de Galicia da Xunta é organismo competente na conservación e mantemento dos cauces dos nosos ríos; é a quen corresponde, con medios propios ou a través dun convenio u autorización co concello realizar as tarefas de desbroce, limpeza, adecuación e acondicionamento nos mesmos. 



O deficiente estado de conservación dos cauces, reprodúcese noutros regatos e ríos do concello de Foz, como o río Ouro ou o Masma. 

A lentitude á hora de executar labores de limpeza, colma a paciencia dos veciños e xera malestar, polo que vamos a solicitar tamén que, o Equipo de Goberno do concello de Foz, realice unha valoración da situación dos ríos do concello e que dende a colaboración entre administracións inicie as xestións oportunas para limpar e acondicionar os cauces dos mesmos.

           



           
           

jueves, 13 de septiembre de 2018

FOZ TEN UN GRAN FUTURO


Todo gobernante, sexa na institución que sexa, máis grande ou máis pequena, ten que ter unha visión estratéxica, un plan de futuro, e un mínimo de valentía.


Os socialistas non nos resignamos a que Foz se reduza a unha cidade dormitorio ou un sono dunha noite de verán. O turismo é fundamental, importantísimo na nosa vila, e hai que potencialo, buscar novos mercados  promocionándoo desde o Concello e outras institucións, para que se prolongue ao longo do ano e non só en xullo e agosto.


Non nos resignamos a que se permita o abandono no que se encontra o polígono de Fazouro, o motor da nosa industria. Foz acolle empresas importantísimas como Pescados Rubén, que da traballo a tanta xente. Non se pode ningunear ao sector produtivo, tamén nas nosas aldeas, que fixa poboación  e permite que algúns dos nosos xoves –demasiado poucos por desgracia- poidan aínda quedar a traballar en Foz. 


Non permitimos que Foz non conte con un plan de mobilidade, cunha planificación de tráfico, e se trate de converter a Rúa do Pilar, totalmente secundaria e cuns problemas estruturais moi graves, na arteria principal de Foz sen ningún arranxo.


Os socialistas non toleramos as medias verdades e a desinformación. Unha residencia que continúa pechada e que soamente coa acción do PSOE se evitou a cuota mínima de 900 euros ou máis que se está a pagar en Cervo. Unha depuradora da que non levou a pleno aínda o novo estudio de alternativas e que pretende aprobar sen legalidade, sen explicacións e sen consenso. Un servizo de abastecemento que se privatiza de novo e do que estaremos vixiantes. Un PXOM que non é capaz de aprobar definitivamente co goberno en Santiago da mesma cor política. Un pobo descoidado, sen limpeza nin arranxos.


Cambia o vento, cambia o criterio do gobernante. Arrecia o Nordés, frío e seco, que agora quere soprar outros catro máis non sabemos en que dirección.  Esperemos que non: Foz é algo máis que festas. 

Artigo de Opinión de Fran Cajoto