jueves, 31 de enero de 2019

O PSdeG-PSOE de Foz en defensa da atención primaria


O PSdeG-PSOE de Foz rexistrou a semana pasada unha moción, para que a Corporación, acorde instar á Xunta de Galicia a dar cobertura dende o primeiro día as baixas, vacacións ou reducións de xornada dos médicos e persoal sanitario do centro de saúde de Foz e para que conceda a axuda necesaria para cubrir a praza de logopeda no servizo de atención temperá que atende aos nenos de diferentes concellos da comarca, entre eles o de Foz.

             
Unha das necesidades prioritarias de calquera municipio, no que ao estado de benestar se refire, é a asistencia sanitaria. A situación actual en Foz é deficitaria e con importantes carencias asistenciais, non se cobren vacacións, baixas, ou reducións de xornadas dos profesionais do centro de saúde.

             
Este feito tradúcese, nunha carga de traballo extra para os outros facultativos e unha saturación das outras consultas o que, en definitiva, supón unha merma da calidade asistencial que reciben os veciños e  veciñas de Foz.

            
Os profesionais dos centros de saúde e os PAC están en pé de guerra en toda Galicia, tamén en Foz, protestando pola precariedade laboral existente na atención primaria e pola saturación e sobre carga de traballo que teñen ao ter que asumir os cupos dos facultativos ausentes, mobilizacións que contan con todo o apoio dos socialistas de Foz.

             
Capitulo aparte merece pediatría, na que a titular do servizo ten solicitado a xornada reducida e non se cubre o horario restante por parte da Consellería de Sanidade, obrigando a que os nenos e nenas que necesitan atención pediátrica e non se poden citar dentro do horario no que exerce a pediatra, se vexan obrigados a acudir aos médicos de familia ou ao hospital.

            
Feitos como os acaecidos, no pasado nadal, onde o servizo estivo sen cubrir por vacacións da pediatra repítense cada vez que esta profesional, ou outros, exercen o seu dereito de vacacións.

            
 Vemos como a atención sanitaria dos nosos nenos e nenas se deteriora día a día, non so no centro de saúde de Foz, senón tamén en servizos como a atención temperá, dependente do Concello de  Burela partir dunha subvención concedida  por Política Social da Xunta. Onde a logopeda que prestaba o servizo á comarca rematou o contrato, sen que o ente autonómico conceda novo financiamento para renovar o seu contrato ou contratar un novo profesional, o que obriga a estes pacientes de tan corta idade, con trastornos no seu desenrolo ou en risco de padécelos, a desprazarse a Lugo ou acudir a un servizo privado para recibir o tratamento necesario ou preventivo.          

            
O grupo socialista espera acadar o acordo da corporación para, por un lado, instar á Xunta de Galicia a dar cobertura inmediata aos profesionais cando estes estean de baixa ou en períodos vacacionais, a dar cobertura a parte correspondente á xornada reducida do pediatra do centro de saúde de Foz e por outro, a que se proceda a conceder as axudas necesarias para cubrir, no servizo de atención temperá de Burela, a praza de logopeda vacante tras rematar o contrato do profesional que o prestaba, sen que teña que ser o goberno socialista concello de Burela o que vexa na tesitura de ter que cubrir a carencia deste profesional para prestar un servizo do que dependen mais de 40 nenos entre cero e seis anos de oito concellos comarca, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, Cervo, Alfoz Lourenzá e Barreiros.




           

viernes, 25 de enero de 2019

O PSdeG-PSOE de Foz prognostica o colapso da Policía Local do Concello.


O PSOE de Foz está moi preocupado coa merma na calidade dos servizos públicos que se están a prestar por parte do Concello de Foz, en tódolos ámbitos.
            
É alarmante a falta de medios e de material cos que conta a Policía Local do Concello, sen garaxes para estacionar os vehículos e sen o equipamento adecuado para facer a súa labor. Hai que destacar que a Policía Local é, pola súa proximidade, o primeiro corpo que chega a multitude de accidentes e incidencias. Non é só un corpo de seguridade cidadá, senón que teñen asignadas multitude de tarefas, é de xustiza recoñecelo.
             
Estamos a ver unha falta de efectivos nas rúas. Ao feito de que un dos membros do corpo estea en comisión de servizos noutra localidade, súmase agora a recente xubilación dun dos policías acollido ao Real Decreto 1449/2018, reducíndose o número de axentes a sete.
             
Non é posible prestar un servizo completo, 24 horas, 7 días á semana, con tan escaso persoal.O único que sabemos é que hai unha falta total de previsión e unha despreocupación alarmante, este pasado verán non se reforzou a plantilla como viña sendo habitual, nun momento en que Foz triplica a poboación- denuncia o candidato socialista Fran Cajoto
             
Non podemos esperar a xuño para pensar que Foz necesita socorristas e un reforzo da Policía Local, este traballo debe facerse xa, de inmediato. Debemos esixir planificación no Concello, unha xestión adecuada, o timonel vai sen rumbo e o barco vai encallar.
             
No novo escenario que se vai abrir despois das eleccións poderemos facer as cousas doutra maneira, planificando as necesidades e adecuando a plantilla da Policía Local ao traballo que hai que facer – indica Fran Cajoto.

sábado, 12 de enero de 2019

O candidato do PSdeG-PSOE de Foz, Fran Cajoto, fixo unha posta en común cos empresarios do polígono industrial da localidade.



Nunha reunión celebrada a pasada semana, entre os socialistas e os empresarios asentados no polígono industrial de Foz saíron a relucir unha serie de deficiencias observadas na área industrial, tanto en mantemento básico, limpeza e rozas como en iluminación, sinalización, reparación de calzadas, seguridade ou en sistemas de comunicación.

             
Coinciden socialistas e empresarios en que a nova autovía e o enlace  proxectado xogará un papel fundamental na posta en valor do polígono. Coincidindo tamén na importancia de dotar de servizos que supoñan un valor engadido á área empresarial, tales como: fomentar medidas de eficiencia enerxética ou implantar fibra óptica, algo fundamental para a industria nos tempos actuais.

            
“A implicación municipal na excelencia e modernización do polígono industrial é algo fundamental que está a ser desatendido polo actual alcalde. Débense dar facilidades ás empresas xa instaladas e crear sinerxias para fomentar o emprendemento e que se instalen outras novas. O estado de abandono e as carencias do polígono na actualidade, fano pouco atractivo para a implantación de novas empresas tan necesarias para mellorar a calidade de vida os cidadáns e conseguir que os mozos non se vexan obrigados a buscarse a vida fóra da localidade, xerando postos de emprego que axuden a fixar poboación, non podemos permitirnos o luxo de perder empresas tan importantes como Frutas Morriña, que tiña a intención declarada de permanecer en Foz.”. - opina o candidato socialista

           
Co fin de evitar esas carencias e converter o polígono industrial de Foz nunha infraestrutura de referencia e mellor dotada, desde o PSOE instamos o alcalde de Foz a buscar e acollerse a axudas ofrecidas por outras administracións, como as que ofrece a Xunta nestas fechas, para a promoción e modernización da área empresarial.