martes, 30 de julio de 2019

Pacto de goberno asinado entre o PSOE e o BNG para o mandato 2019 -2023 no Concello de Foz

O PSdeG-PSOE e o BNG asinaron un pacto de goberno, para o mandato 2019 -2023 coa máxima de desenrolar un goberno que sirva para beneficiar os intereses xerais de todos os veciños e veciñas de Foz, un goberno progresista, único, leal e comprometido con toda a veciñanza. 

Nas imaxes adxuntas podes leer completo dito acordo. 


martes, 2 de abril de 2019

O PSdeG-PSOE de Foz demanda que, a Xunta de Galicia efectúe labores de mantemento no edificio do Centro de Saúde focense.

Os socialistas consideramos prioritario que se destinen recursos a cubrir as carencias de persoal facultativo, enfermeiros ou pediatras no sistema sanitario, non obstante, non podemos deixar de observar o deficiente estado do edificio que alberga o Centro de Saúde de Foz, que presenta un estado deplorable e unha falta de mantemento escandalosa. 
Dende a súa construción e posterior ampliación, no exterior do edificio non se fixo ningunha labor de limpeza e mantemento. Á vista están os desperfectos e a insalubridade por verdines e mofos, que invaden o exterior da edificación, incumprindo as mais mínimas condicións de ornato que debe presentar calquera edificio público.

            
Xa que o goberno de Feijóo, como acaba de anunciar, vai investir mais de medio millón de euros, nunha obviedade tal como poñer rótulos que definan como públicos diferentes hospitais, mais prioritario debería ser, facerse cargo de manter os edificios existentes que, como no caso do Centro de Saúde de Foz, necesitan labores urxentes de mantemento.

           
Motivos que, leváronnos a presentar unha moción no pleno do pasado xoves para requirir da Xunta de Galicia unha valoración das deficiencias ou patoloxías que, o paso do tempo, ten provocado no edificio instándoa a que efectúe as labores de mantemento necesarias no mesmo, que foi aprobada pola corporación.



viernes, 8 de marzo de 2019

MANIFESTO DO PSOE POLO #8M, DÍA DA MULLER

8 DE MARZO. O TEMPO DAS MULLERES, AVANCE SEN RETROCESO.


No Día Internacional das Mulleres, 8 de marzo, o Partido Socialista aposta firmemente pola defensa dos dereitos, a liberdade e a seguridade das mulleres. E nas políticas de igualdade como instrumento para mellorar, non só as vidas das mulleres senón de toda a cidadanía.


O PSOE está comprometido co cambio social que impulsa o feminismo. Non poderá haber verdadeira transformación se non se conta de maneira esencial coas mulleres, coa súa participación e contribución. Por iso e coa igualdade como alicerce, abandeiramos xunto ao movemento feminista todas as conquistas para as mulleres en España.

O 8 de marzo de 2018 marcou un antes e un despois no noso país. As mulleres, acompañadas de moitos homes, alzaron a súa voz contra o machismo. Sen posibilidade de volta atrás.


Desde o pasado xuño contamos cun Goberno feminista que, recollendo ese espírito do 8M, sitúa a igualdade como un asunto transversal na súa axenda. Un Goberno que a defende, afianzando os avances logrados, fronte a aqueles posicionamentos políticos que pretenden eliminalos.  Non imos tolerar nin un só retroceso. Os dereitos das mulleres non se negocian.


As mulleres sofren discriminación en tódolos ámbitos. Pero é no laboral onde se produce unha das maiores desigualdades que viven as mulleres, pois sen independencia económica, non hai liberdade. Para loitar contra a brecha salarial, a maior precariedade, así como contra a discriminación no acceso ao emprego e a promoción profesional, o Goberno impulsou unha proposición de Lei de Igualdade Laboral do PSOE que contribuirá a erradicalas.

Na desigualdade entre sexos está a raíz da violencia de xénero que no noso país acabou coa vida de 984 mulleres desde 2003, cando se comezan a contabilizar os asasinatos machistas.  Para acabar con ela son necesarios instrumentos específicos, como a Lei de Violencia de Xénero, que foi pioneira en Europa. Tentar confundila coa doméstica é devolvela ao espazo privado,  invisibilizando o seu carácter machista, en lugar de considerar a protección das mulleres e os seus fillos e fillas un asunto de toda a sociedade. Para o Goberno, a violencia de xénero é o principal problema do noso país. Por iso, a posta en marcha do Pacto Contra a Violencia de Xénero foi unha prioridade.


As mulleres sofren outras violencias polo feito de ser mulleres, como a sexual, cuxa tipificación na normativa española está a revisar o Ministerio de Xustiza co obxectivo de establecer sen ningunha dúbida que “Se unha muller non di si, todo o demais é non”.


A prostitución e a explotación sexual tamén son violencia machista, que  cosifica e  mercantiliza ás mulleres. No noso país, as cifras son terribles. O Goberno, de acordo ao posicionamento  abolicionista do PSOE, traballa nunha lei que loite contra elas, ofrecendo a esas mulleres a posibilidade dun futuro digno.


As mulleres teñen que elixir a súa maternidade libremente, por iso non permitiremos que se poña en risco o dereito ao aborto. E por iso, o Goberno devolveu a todas as mulleres o acceso á reprodución asistida independentemente da súa orientación sexual ou o seu estado civil. 


O Partido Socialista rexeita a xestación por substitución, eufemismo de ventres de aluguer, porque  socava os dereitos das mulleres, en especial das máis vulnerables,  mercantilizando os seus corpos e as súas funcións reprodutivas. O Goberno perseguirá ás axencias que ofrecen cada ano por centos de familias españolas esta práctica a propósito de que está prohibida no noso país.


Camiñar cara á igualdade plena é unha responsabilidade que nos interpela individualmente e como sociedade. E que tamén obriga a todas as Administracións, desde a estatal ata a local. Unha das primeiras medidas adoptadas polo Goberno foi precisamente devolver as competencias en materia de igualdade aos Concellos, os máis próximos á cidadanía.


O Partido Socialista apoia a iniciativa de folga e paros propostas polo movemento feminista e os dous sindicatos maioritarios (UXT e CC. OO.) para o DÍA 8 DE MARZO. E insta á cidadanía para sumarse a esta medida de reivindicación ante a situación de desigualdade que viven as mulleres.


O 8 M de 2019 será de novo unha aldrabada sobre as conciencias cívicas e políticas. As mulleres sairán ás rúas para esixir o que lles corresponde. Porque a pesar das conquistas, aínda persisten discriminacións. E porque hai quen cuestiona o feminismo tentando devolvernos ao pasado.


O PSOE estará, como sempre, loitando coas mulleres porque cando avanzan as mulleres, faino toda a sociedade e a democracia.



jueves, 7 de marzo de 2019

DECEPCIÓN NO PSOE DE FOZ CO ANTEPROXECTO DA NOVA DEPURADORA

A depuración de augas residuais é un dos servizos básicos fundamentais que os concellos teñen que garantir a tódolos veciños e veciñas. A actual EDAR de Foz, situada na explanada do porto, non ten capacidade suficiente para a depuración das augas fecais do núcleo e presenta outros problemas como continuos malos olores.

Augas de Galicia vén de presentar o novo Anteproxecto para esta infraestrutura. O PSOE de Foz quere destacar o enorme retraso que leva o Proxecto e a falta de rigorosidade. Hai que lembrar que o anterior documento foi rexeitado en novembro do 2016 por unha declaración de impacto ambiental NEGATIVA. Non entendemos como foron necesarios dous anos e medio para a súa corrección, como todos os anos se consignan presupostos para despois non mover nin unha pedra.

Os socialistas definimos o novo anteproxecto como DECEPCIONANTE. Estase a perder unha oportunidade única para resolver os problemas da rede de saneamento de Foz. Vamos a continuar cos problemas de sempre e vanse xerar outros novos, o que resulta inadmisible. Dende o PSOE destacamos a falta de rigor no Anteproxecto nos seguintes puntos:

1)  REDE DE SANEAMENTO DE FOZ
O Anteproxecto non contempla actuar sobre a rede de saneamento en Foz, que é unitaria, polo que as augas fecais continuarán estando mesturadas coa auga de choiva. Isto resulta moi chamativo nestes momentos, xa que se pretende bombear gran parte da auga que chove en Foz ata Froxán, co gran custo que isto vai supoñer para os veciños do Concello. Van continuar os problemas habituais en episodios de tormentas en zonas como Rego de Foz. 

2) TANQUE DE TORMENTAS E BOMBEO DO PEIRAO DE FOZ
As augas fecais continuarán discorrendo ata este depósito que se proxecta no peirao de Foz, a carón da actual depuradora. O proxecto estima que ata 9 veces ao ano en episodios de choivas as augas fecais verterán directamente á Ría de Foz, zona LIC e ZEPA, sen ser bombeadas nin depuradas, o que resulta inadmisible. Non se marca no Anteproxecto o aliviadoiro á Ría, polo que dubidamos de que a tramitación sexa correcta, tal e como aconteceu no ano 2016.
Non se contemplan medidas para evitar o ruído e os cheiros destas instalacións, o que constitúe un dos principais problemas na actualidade, polo que esta problemática podería verse incluso incrementada.
A tubaxe de impulsión discorre por varias rúas do casco histórico de Foz e non se marca posición e cota das conducións e dos servizos que existen actualmente: esta indefinición e falta de estudo podería provocar que o proxecto fose inviable na súa execución.

Prevense alivios de sen tratar na Ría de Foz, zona LIC e ZEPA
3) BOMBEOS DA PRAIA DE LLAS    Os bombeos de augas situados fronte á praia de LLas son modificados para mellorar a súa capacidade. Sen embargo, o Anteproxecto contempla que ata en 10 episodios de choivas ao ano no caso de Llas 1 e en 8 episodios de choivas no caso de Llas 2, as augas fecais vertan directamente á praia de Llas sen ningún tipo de depuración. Aos socialistas de Foz preocúpanos moito a saúde ambiental desta praia e a perda que podería supoñer de distintivos de calidade como a bandeira azul, ao que vén renunciando o actual equipo de goberno e que non ondeou no verán do 2018.


4) NOVA DEPURADORA DE FROXÁN
O Anteproxecto non ten en conta os cheiros da nova EDAR, ata o punto de que non considera o impacto que terá o gas metano e confunde as fases de construción coas de explotación. Desde o PSOE de Foz consideramos que debería contarse coa posibilidade de dispoñer dunha planta de desodorización con tratamentos biolóxicos e carbón activo, e non só un secador de fangos.
Ademais, nunha zona de vivendas como é Froxán non se ten en contacto o impacto do ruídos das instalacións, para o que establecen medidas de escaso calado e para o que sería convinte a insonorización da planta. Tampouco se ten en conta o impacto que terá o tránsito de camións polos camiños actuais, que deberían ser ampliados e mellorados, nin a problemática da presenza de fontes e augas freáticas moi superficiais nas fincas onde se proxecta a nova depuradora.

5) EMISARIO DE PEIZÁS
O documento contempla o vertido das augas depuradas a carón da praia de Peizás, cruzando a tubaxe a zona de estacionamento. O Anteproxecto deseña un emisario mariño para que a carga contaminante se verta dunha forma máis dispersa ante o posible fallo da depuradora. O PSOE de Foz considera que este é un punto moi sensible, xa que a praia de Peizás é unha das máis singulares do Concello e habitual bandeira azul, distinción que podería perder definitivamente ante a nova instalación e empeorarse a calidade das augas de baño. Hai que ter en conta ademais que neste tipo de emisarios son habituais as roturas por temporais mariños, polo que teriamos un vertido directo a escasos metros da praia.
Desde o PSOE consideramos que se está desaproveitando a oportunidade de que Foz conte cunha depuración de augas fecais moderna e eficaz  Descoñecemos si o actual alcalde vai presentar alegacións ou se vai mirar para outro lado ao tratarse dun proxecto da Xunta, pero debemos esixir que a inversión sexa realmente positiva e que calquera instalación que se faga arranxe problemas e non xere outros novos.


Si queres consultar o documento íntegro do anteproxecto que esta a exposición pública preme no seguinte enlace: 👇🏻