martes, 2 de abril de 2019

O PSdeG-PSOE de Foz demanda que, a Xunta de Galicia efectúe labores de mantemento no edificio do Centro de Saúde focense.

Os socialistas consideramos prioritario que se destinen recursos a cubrir as carencias de persoal facultativo, enfermeiros ou pediatras no sistema sanitario, non obstante, non podemos deixar de observar o deficiente estado do edificio que alberga o Centro de Saúde de Foz, que presenta un estado deplorable e unha falta de mantemento escandalosa. 
Dende a súa construción e posterior ampliación, no exterior do edificio non se fixo ningunha labor de limpeza e mantemento. Á vista están os desperfectos e a insalubridade por verdines e mofos, que invaden o exterior da edificación, incumprindo as mais mínimas condicións de ornato que debe presentar calquera edificio público.

            
Xa que o goberno de Feijóo, como acaba de anunciar, vai investir mais de medio millón de euros, nunha obviedade tal como poñer rótulos que definan como públicos diferentes hospitais, mais prioritario debería ser, facerse cargo de manter os edificios existentes que, como no caso do Centro de Saúde de Foz, necesitan labores urxentes de mantemento.

           
Motivos que, leváronnos a presentar unha moción no pleno do pasado xoves para requirir da Xunta de Galicia unha valoración das deficiencias ou patoloxías que, o paso do tempo, ten provocado no edificio instándoa a que efectúe as labores de mantemento necesarias no mesmo, que foi aprobada pola corporación.